Mondoñedo, 12 de marzo de 2014.- O edificio que alberga o Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo e a Escola de Música está a sufrir un deterioro alarmante ata o punto de que técnicos consultados advirten do perigo de derrubamento do teito do auditorio a curto prazo de non tomarse medidas.
Ante esta situación, o Partido Popular da localidade remitirá unha pregunta para a súa resposta no próximo pleno municipal, na cal se interesa polas medidas que ten previsto adoptar o Concello de Mondoñedo dirixidas a evitar o deterioro que está a sufrir o edificio.
En concreto, os populares preguntaranlle a Orlando González se ten iniciadas actuacións para paliar esta situación; e a maiores dende o PP local queren coñecer se o goberno do municipio conta cun informe que avalíe o verdadeiro alcance do estado no que se atopa o auditorio.
Os populares xa denunciaran noutras ocasións a situación de abandono na que se atopaba o auditorio, ata o punto de que, incluso, nin se realizaban as labores de limpeza na contorna. Foi a raíz dunha denuncia pública dos populares cando o goberno local pediu aos operarios municipais que cortasen a maleza.
Dende o PP aseguran que a situación que se aprecia no auditorio, con goteiras, humidades e inclusive levantamento da tarima que cubre o chan, é froito do pouco traballo do goberno local, “que, sen rumbo e sen proxectos locais por determinar, non é quen de coidar á localidade”.
Outras infraestruturas esquecidas
Os populares explican que “xa non se trata de facer, senón de manter o que se ten”, feito que non están a cumprir dende o PSOE e o BNG no goberno.
Como responsables destas infraestruturas, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, xunto co resto do equipo de goberno, debe sacar adiante as medidas oportunas para atallar non só a circunstancia que se está a dar no auditorio, senón tamén noutros edificios de titularidade municipal, como é a Casa da Xuventude.
Co obxecto de velar pola salvagarda do patrimonio municipal, os populares urxen actuacións e queren ser coñecedores de se o goberno local ten actuacións previstas. O PSOE e o BNG teñen o deber e a responsabilidade de realizar as labores de mantemento nas infraestruturas da súa titularidade.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



