Ribadeo, 12 de marzo de 2014. Ata o vindeiro luns, 17 de marzo, será posible retirar as tarxetas para acudir á III cea de ACISA que terá lugar o 21 deste mes no Parador de Turismo de Ribadeo.
Trátase dunha data especial, xa que se festexará o 25 aniversario da fundación da asocaición, se entregarán os premios ó ribadense e ó socio do ano e aos gañadores do concurso de escaparates do pasado Nadal.
Por primeira vez a cea de ACISA estará aberta a todas aquelas persoas, que non sendo socias, queiran asistir. O prezo para os socios (incluídos acompañantes, familiares e empregados dos establecementos) será de 20 euros. E o prezo para os asistentes que non sexan socios de ACISA será de 30 euros. A data límite para solicitar as invitacións será o vindeiro 17 de marzo. Os interesados deben poñerse en contacto coa oficina de ACISA no seguinte número de teléfono: 982 120 565.
ACISA procede estes días a efectuar o reconto dos votos emitidos polos seus asociados nas últimas semanas para proclamar ó ribadense e ó socio do ano no transcurso da III Cea de ACISA. Por primeira vez a súa xunta directiva realizou unha proposta con varios candidatos, ós que se suman os realizados a título individual e anónimo polos seus socios.
A directiva de ACISA anima “a nuestros asociados y al resto de los ribadenses, que así lo deseen, a compartir con nosotros esta fecha conmemorativa, nuestro 25 aniversario. Es un día muy especial para nosotros, para los que en su momento pusieron en marcha la asociación y para todos los que han formado parte de ella a lo largo de todos estos años”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



