Lugo, 9 de marzo de 2014.- O Servizo de Oftalmoloxía do hospital da Mariña, en colaboración con oftalmólogos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, centro que leva xa tempo desenvolvendo este programa con moi bos resultados, organizou para os vindeiros días obradoiros de retinografía para os profesionais de Atención Primaria dos centros de saúde de Burela e Viveiro.
O obxectivo destes obradoiros é formar ao maior número de profesionais posible para potenciar este tipo de consultas nestes centros sanitarios e aumentar o número de pacientes atendidos. Con esta iniciativa, o Servizo Galego de Saúde busca acercar a realización desta proba oftalmolóxica aos usuarios, mellorando, polo tanto, a atención que se lles presta.
Os cursos abordarán cuestións de anatomía e fisioloxía oftalmolóxica; as indicacións das retinografías, como realizalas, visualizalas e interpretalas, ao mesmo tempo que se lles darán indicacións para mellorar a coordinación entre os Servizos de Oftalmoloxía do hospital e Atención Primaria e sobre o funcionamento da teleconsulta de medicina en oftalmoloxía, entre outros aspectos.
Os centros de saúde de Burela e Viveiro foron, no seu momento, pioneiros na posta en marcha deste tipo de consultas de telemedicina oftalmolóxica. O que agora se pretende é aumentar o número de pacientes atendidos e estender este tipo de consultas ao maior número posible de usuarios (no caso do centro de saúde de Viveiro, aos pacientes de Viveiro, Vicedo e Ourol, e no caso do de Burela aos usuarios de Burela, Cervo, San Cibrao, Xove, Foz, Ferreira do Valadouro e Alfoz).
Este proxecto, baseado na telemedicina e na coordinación entre Atención Primaria e Atención Especializada, está liderado polo Servizo de Oftalmoloxía do Hospital da Mariña.
Ao longo das vindeiras semanas, o Servizo Galego de Saúde impulsará nestes dous centros de saúde o programa de retinografías en Atención Primaria, para o cribado, entre outras, das retinopatías diabéticas e hipertensivas por telemedicina. Ditos centros contan xa cos correspondentes retinógrafos para a realización das probas.
Respecto a retinografía
A retinografía é unha fotografía en cor da retina, e, entre outras moitas indicacións, realiza o cribado no caso da retinopatía diabética e da retinopatía hipertensiva, que é a afectación da retina a causa da diabete ou a hipertensión arterial, unha patoloxía ocular bastante habitual. Ademais desta alteración dos vasos sanguíneos que se soe presentar en pacientes diabéticos ou hipertensivos de longa duración, emprégase tamén para calquera outra patoloxía que poida afectar á vascularización da retina, como as tromboses arteriais ou venosas.
Os pacientes que resultan máis beneficiados coa posta en marcha deste programa son os que teñen patoloxías crónicas, como as mencionadas diabetes e hipertensión, que ademais, en gran parte dos casos están polimedicados, e precisan acudir con frecuencia aos servizos médicos. Estas imaxes tamén serven para diagnosticar precozmente, e valorar, descartar e identificar os problemas que pode xerar unha perda de visión.
Achegamento á poboación no seu propio centro
Ata hai pouco, esta proba tiña que realizarse só nas consultas externas de Oftalmoloxía hospitalarias, posto que os retinógrafos estaban só no ámbito da atención máis especializada. Agora os profesionais dos centros de saúde de Viveiro e Burela dispoñen de retinógrafos e poden realizar estas probas, e incrementar o volume de pacientes atendidos. Este tipo de consultas é posible gracias á colaboración entre o persoal de ambos centros de saúde e o persoal do servizo de Oftalmoloxía do Hospital da Costa.
Realizando esta proba dende a atención primaria evítanse as visitas ao oftalmólogo; achégase a atención ao lugar de residencia do paciente e aumentase o seu seguimento. Tamén traerán consigo unha diminución dos tempos de espera para a especialidade de Oftalmoloxía, posto que acudirán á consulta oftalmolóxica aqueles pacientes que realmente o requiran. Deste xeito, mellórase a asistencia, facilítase o control destas patoloxías, e evítanse complicacións, xa que poden ter un diagnóstico precoz e iniciar unha actuación terapéutica de xeito máis inmediato.
Procedemento en favor do usuario
O proceso de toma da imaxe é realizado polos enfermeiros e enfermeiras dos centros de saúde nos que se poderá levar a cabo esta proba. Estes profesionais remiten posteriormente a proba ao especialista en Medicina Familiar e Comunitaria que a solicitou, para a súa valoración inicial. No caso de que este facultativo detecte algunha indicación de patoloxía, esa mesma proba será remitida, vía dixital (telemedicina), ao oftalmólogo, que accederá dixitalmente a esa imaxe e será quen determine o tipo de consulta que precisa o paciente e a súa prioridade.
Polo tanto, a potenciación deste tipo de consultas supón unha mellora substancial na atención sanitaria, posto que ao paciente evítaselle a espera e dáselle prioridade segundo a súa patoloxía real, realizando a súa derivación ao especialista do seu centro hospitalario de referencia nos casos nos que sexa preciso. Ademais, permite diagnosticar de xeito máis precoz e fomenta a comunicación directa entre o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e o especialista en Oftalmoloxía.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



