O campionato galego de campo a través para categorías alevín, infantil e cadete disputado este sábado na Pobra do Caramiñal, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galícia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo tivo de protagonista os equipos e atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo.
O campo a través é unha disciplina onde comezan miles de atletas nos campionatos zonais e onde só chegan os elixidos para o Campionato Galego. “Os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo correron de 10”, segundo manifestaron os responsables.
Finalmente, os atletas fixéronse con 2 trofeos, 12 medallas por equipos e 3 medallas individuais.
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO: DISTANCIA. 1500 METROS.
Por equipos:
E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO. CAMPIÓN GALEGO. 1º CLASIF.
1 LOURENZA MONDOÑEDO 55 (1+2+24+28)
2 COLEXIO FRANCISCANOS LUGO 81 (12+16+22+31)
3 BEADE OURENSE 95 (9+17+18+51)
A puntuación do equipo foi a seguinte:
Ana Vallines(1), Ainara Rguez(2), Hiba Bouyzar (24) e Ainhoa López(28); entrando ademais en meta Carme Alonso (41) e Marta Alonso(58).
INDIVIDUAL:
Ana Vallines Fernández, campioa galega cun tempo de 5,28.
Ainara Rodríguez Ares, subcampioa galega cun tempo de 5,31.
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO:
Por equipos:
1 CLUB ATLETISMO MILLARAIO 39 (1+4+11+23) – SANTIAGO
2 LOURENZA MONDOÑEDO 75 (3+13+24+35). SUBCAMP. GALEGO
3 S.A. VAL MIÑOR 90 (12+15+21+42) – NIGRÁN
A puntuación do equipo foi a seguinte:
Alexandre Santiago(3), Nicolás Álvarez(13), Hugo Villalba(24) e Mario Pardo (35); entrando ademáis en meta Aleix Díaz (46) e Xaquín Sánchez (51).
INDIVIDUAL:
Alexandre Santiago lópez, bronce cun tempo de 7,30.
CATEGORÍA CADETE FEMININO:
O equipo cadete rematou na 6ª posición. Carmen López (32), Xana Rguez(41), Arabela Martínez(42) e Erica Vizoso (De 49 entrando lesionada em meta).
CATEGORÍA CADETE MASCULINO A MARIÑA:
O equipo cadete rematou na 5ª posición. Alejandro Esquerdeiro(21), Aarón Rivas(28), Antón Ramallal (29) Iago Serantes(38).





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
