Estamos nos tres cuartos da lexislatura e os veciños de Burela seguen agardando por algunha iniciativa política que mellore os seos intereses sociais, económicos, estruturais ou culturais que puidesen partir do actual equipo de goberno do PP. Nestes tres anos transcorridos só se notou a suba de todos os impostos, prezos públicos e taxas e a total ausencia de realización de obras públicas que favorecese no desenvolvemento global do noso concello. Estamos agardado o cumprimento do prometido con respecto ó acceso o porto, ampliación do hospital ou escola infantil.
Este equipo de goberno tamén se caracteriza por nos defender aos veciños, amosándose submisos e defensores da posición do partido, en temas tan importantes como é a sanidade, deixando perder a Área Integrada e permitindo o desmantelamento do hospital. Esta aptitude de submisión extrema tamén se da en temas de políticas sociais, perda de autonomía local, suba do canon do lixo e da auga, suba do IBI, privatización de servizos públicos, repagos, etc…
Esta semana celebramos dous plenos: un extraordinario por temas do PXOM o pasado día 24, e outro ordinario o xoves 27.
O pleno sobre o PXOM, para aprobar varios requirimentos solicitados pola Xunta, non ten xustificación algunha para celebrarse como extraordinario o haber un ordinario tan próximo. Encima a Xunta non esixía urxencia. O alcalde con esta decisión demostra desprezo aos veciños xa que esíxelles unha aportación económica innecesaria.
No pleno ordinario non se tratou nin un só punto que fose positivo para o conxunto dos veciños. Só hai un que merece a pena ser nomeado e refírese o chamado Plan Orzamentario a medio prazo.
Con este plan o goberno estima o orzamento necesario para os próximos tres anos, 2015, 2016 e 2017 e nel indícase a previsión de gastos e de ingresos.
Segundo os datos, para os próximos tres anos a realización de obras vese imposible o manterse unha seca total no capítulo de investimentos reais. Tamén se mantén constante a cantidade asignada para gastos de persoal e creación de emprego que indica claramente a imposibilidade de aumentos salariais para os empregados do concello, a nula previsións de novas prazas ou a ausencia de plans de emprego para os próximos anos.
Para acadar os ingresos recorren o método de aumentar o IBI, prezos públicos, taxas e impostos, é dicir, seguir espremendo, e cada vez con maiores doses, aos veciños de Burela.
Houbo varias mocións presentadas polo PSdeG-PSOE. O noso grupo presentou unha para que non se aplicara a taxa do lixo que subiu un 34% derivado das políticas de reforma enerxética que pretende aplicar o goberno central. No debate desta moción quedou clara a postura do alcalde o defender os intereses de Sogama antes que os intereses dos veciños e non dubidaron en votar a favor da suba indiscriminada e inxusta que nos impoñen desde a Xunta polo tratamento do lixo.
É moi preocupante a falta de actividade política de este equipo de goberno, que traballa de oficio acomodado na postura de obedecer e non molestar os de arriba, deixando que pase o tempo sen que se vexan aptitudes para ofrecer proxectos ou accións que beneficien e impulsen o desenvolvemento global do concello e de todos os que nel habitamos.
O equipo de goberno está paralizado.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



