Lugo, 29 de marzo de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ofertará este ano un total de 1.875 prazas na campaña de verán dentro das instalacións da provincia de Lugo, unha oferta semellante á existente nos últimos anos no territorio lucense, segundo indicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
En concreto, a campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado inclúe esta edición campamentos de verán, que conta con intercambios con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo, tamén no estranxeiro; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior.
Así mesmo, a responsable da Delegación Territorial de Lugo destacou a unión dos participantes procedentes da emigración cos rapaces galegos nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos. “O obxectivo é fomentar a convivencia intercultural e a aprendizaxe mutua”, apuntou.
Arias sinalou que, no conxunto da autonomía, este programa supón un investimento de máis de 2,3 millóns de euros. Con esta dotación económica, ademais de beneficiar aos participantes no programa, promóvese a contratación, só para o caso da provincia de Lugo, de arredor de 200 persoas entre monitores e directores de tempo libre.
Presentación de solicitudes
Logo da publicación esta mesma semana da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), está xa aberto o prazo de presentación das solicitudes de praza nos campamentos, nos que poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia e de entre 9 e 17 anos. Posteriormente, realizarase un sorteo público ante notario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril.
Os campamentos desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, e englobarán un total de 19 albergues e campamentos en toda comunidade, deles, seis pertencentes á provincia lucense.
Para o caso concreto desta provincia, os campamentos terán lugar na Residencia Xuvenil LUG II da capital; nos albergues xuvenís de Area (Viveiro), e Benigno Quiroga (Portomarín); así como nos campamentos de A Devesa (Ribadeo), no de Os Chacotes (Palas de Rei), e no Poboado dos Peares (Carballedo).
Arias considerou que “un dos obxectivos deste plan é ofrecer á mocidade unha alternativa responsable dentro do ocio e tempo libre. Preténdese darlles a coñecer o territorio da nosa provincia e de toda a comunidade, fomentando a participación e o intercambio entre os máis novos”.
A maiores, Arias explicou que os mozos lucenses poderán optar tamén a participar en campamentos de intercambio noutras comunidades autónomas, concretamente no País Vasco, Castela e León, Estremadura e a Rioxa. De xeito paralelo, participantes doutras comunidades autónomas poderán vir a Galicia.
A duración dos campamentos oscilará entre os oito e os doce días, en función da idade dos participantes e das características dos mesmos. Este verán haberá actividades “para todos os gustos e sensibilidades”, desde aquelas de carácter náutico, de dramatización e expresión cultural, a xogos tradicionais, ou deportes de multiaventura. Así mesmo, a delegada significou que este ano se inicia por primeira vez un proxecto piloto para realizar actividades en inglés no Poboado dos Peares, co obxectivo de elevar o nivel idiomático dos participantes.
Colaboración con Emigración
Así mesmo, como xa é habitual tamén se leva a cabo unha colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Xuventude para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos. Do mesmo xeito, reservaranse unha serie de prazas para colectivos específicos, que serán xestionados pola Secretaría Xeral de Igualdade, a de Política Social e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
Unha importante novidade na orde deste ano é que os mozos e mozas con discapacidade inferior ao 65 por cento poden participar na convocatoria, optando en polo procedemento xeral ou ben polo de prazas reservadas para a inclusión social.
Na orde publicada no DOG tamén se inclúe a oferta concertada. A través desta fórmula, Xuventude pon as súas instalacións a disposición de concellos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas e outros colectivos para que organicen as súas actividades.
Actividades de maiores de 18 e campos de traballo
Ademais dos campamentos e da oferta concertada, a campaña de verán tamén inclúe actividades para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. A finalidade desta actuación é ofertar unha programación de calidade onde se fomenta o intercambio de experiencias e o coñecemento do territorio. Inclúense actuacións como travesías náuticas, ou programas de convivencia con participantes da Galicia exterior.
Na campaña tamén se ofertan os campos de traballo, cun total de 400 prazas en toda a comunidade galega, 90 máis que o ano pasado. A convocatoria estará disposta previsiblemente a mediados do mes de abril. Na provincia de Lugo haberá campos de traballo en Portomarín. As quendas serán de entre 12 e 15 días, e os campos centraranse en actividades ambientais, etnográficas, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento.
Os campos de traballo están dirixidos a mozos e mozas galegos, a residentes noutras comunidades autónomas, así como de outros países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón, así como voluntarios procedentes da Galicia exterior.
A mocidade galega poderá tamén optar a asistir a actividades organizadas noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, en países como República Checa, Finlandia, México ou Taiwán.

























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



