LUGO, 5 DE MARZO.- Os secretarios de Organización e de Educación, Carlos Ferreiro e Pilar Saavedra, respectivamente, anunciaron este mércores que o Partido Socialista apoiará á Confederación de ANPAs galegas de centros públicos na campaña social emprendida por este colectivo para que a Xunta de Galicia sexa a que proporcione os libros de texto aos alumnos, mediante un sistema de préstamo, e non a través de “subvencións nin de cheques, como acontece na actualidade”. Neste senso, informaron de que o PSOE presentará mocións nos 67 Concellos para demandar o apoio de todas as forzas políticas, co obxectivo de que o Goberno galego retome o sistema impulsado polo bipartito, e que foi anulado en 2009 polo Executivo autonómico.
“Queremos manifestar publicamente que o PSOE de Lugo apoiará decididamente ás ANPAs galegas. Feijóo estase a converter no mestre especializado en converter a Educación nun privilexio, só ao alcance de quen a poida pagar. Defendemos a implantación dun modelo destas características porque cremos que contribuiría, ademais, á difusión de valores como a reciclaxe, o cuidado do material e o traballo en equipo”, subraiou Saavedra.
A Defensora do Pobo e o Ministerio avalan a proposta socialista
O Boletín Oficial do Estado (BOE) recollía en febreiro o descenso na aportación estatal de 2013 para este fin, de 32 a 20 millóns de euros. Asi mesmo, os Orzamentos deste ano tampouco inclúen transferencias ás Comunidades Autonómas neste concepto; feito que motivou que a Defensora do Pobo – Soledad Becerril- presentase nas Cortes Xerais as recomendacións dun estudo sobre a evolución destas axudas dende 2008, no que a institución defende, ademais, que os libros se adquiran con fondos públicos e que sexan reutilizados por distintos alumnos.
O informe pon de relevo que, nos últimos cinco anos, os fondos totais destinados ao financiamento das políticas de gratuidade experimentaron un descenso do 74,9% na aportación estatal e un 34,9% na autonómica. Como consecuencia disto, o número de beneficiarios baixou un 33,1%, dende os case tres millóns no curso 2008-2009 aos dous millóns no pasado ano escolar. Segundo este estudo, a Galicia correspónderonlle do Estado só 770.890 euros, isto é un 36% menos que na anterior convocatoria, cando a achega foi lixeiramente superior a 1,2 millóns.
Asi mesmo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba este sábado -1 de marzo-, na disposición adicional terceira, que o Ministerio de Educación e Cultura promoverá o préstamo gratuíto dos libros de texto e outras materias curriculares para a Educación básica en centros públicos. Deste xeito, indicou Ferreiro, demostrase que “o propio Ministro Wert tíralle das orellas a Feijóo que, empeñado na tozudez de atacar ás familias, se pasou nos recortes. Este é o Partido Popular de Galicia, que castiga xustamente aos que máis o necesitan. Castiga aos enfermos por estar enfermos e aos pequenos por querer estudar”.
E é que a Consellería de Educación eliminou o sistema que defende incluso o Goberno Central, para crear a denominada gratuidade solidaria; un sistema que obriga ás familias “a volver abrir a carteira cada comezo do curso e a esperar a que a Consellería lles conceda unha axuda para sufragar parcialmente os custos dos manuais escolares”. Isto implicou que este curso un 35% do estudantado se quedase fóra dunhas aportacións que ían dende os 90 euros por familias monoparentais, cunha renda per cápita de entre 6.000 a 9.000 euros e fillos ou fillas en Primaria, ata os 180 do alumnado da ESO, no caso de que nas súas casas non entren máis de 5.400 euros anuais.
Os recortes do PP na provincia
A este respecto, os socialistas coincidiron en sinalar que o Partido Popular “é o único responsable do deterioro da ensinanza pública lucense”. Proba delo, aseguran, é que, dende que este Partido goberna en Santiago e en Madrid, 7.000 familias se viron obrigadas a pagar este ano polo comedor escolar, un 31% que en cursos anteriores. Destas, máis de 4.000 teñen que abonar 100 euros mensuais para que os seus fillos poidan dispoñer deste servizo ao mediodía.
Ferreiro e Saavedra salientaron, ademais, que “o PP é o responsable de que hoxe a provincia conte con 49 aulas e 67 metres menos que hai dous anos; de que catro Concellos -Samos, Cervantes, Navia de Suarna e O Incio- se quedasen este curso sen 5 profesores especializados en Infantil; ou de que os alumnos do Colexio de Educación Especial Infanta Elena de Monforte se vexan obrigados a abandonar o centro cando cumpren os 21 anos, levando ás familias a unha total desesperanza”, explicaron.
A LOMCE “tamén recae de cheo nas familias”
Asimesmo, os socialistas denunciaron que a esta política de recortes hai que engadir que a LOMCE “tamén recae de cheo nas familias”, xa que obriga a cambiar o material de máis de 180 asignaturas, e o Ministerio e a Consellería insisten en recortar cada ano o diñeiro que destinaba a estas axudas: un 37,5% menos que o curso pasado no caso do Estado e, un 25,4%, no caso da Xunta de Galicia.
E é que, mentres as anteriores normativas prevían un calendario de entre cinco e dez anos, a LOMCE establece a renovación anual dos manuais nas aulas de 1º, 3 e 5º de Primaria e nas 15 titulacións da nova FP Básica. Para o resto de Primaria e os cursos impares de Secundaria e Bacharelato, estas modificacións aterrizarán en 2015-2016 e, nos cursos pares, a reforma aplicarase en 2016-2017.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



