O Burela FS Pescados Rubén defenderá este sábado o seu recente liderado fronte ao seu arquirrival, Atlético de Madrid Navalcarnero. A escuadra mariñá saltará á pista de La Estación (18.00 horas) tan só unha semana logo de desbancar as locais do cume de Primeira División. Cun punto de vantaxe sobre as capitalinas, as laranxas (58 puntos) chegan ao partido da liga por excelencia co regreso de Maite, logo de case dous meses con problemas físicos; pola súa banda, o Navalcarnero afronta a gran batalla coa importante ausencia de Leti, sancionada cun partido de suspensión tras a expulsión fronte a UA Alicante.
Quico Otero non foxe da importancia do partido entre os dous primeiros clasificados da máxima categoría, aínda que prefire retirarlle o cartel de ‘encontro decisivo’: “É moi importante e pode proporcionarnos un reforzo tanto matemático coma moral, aínda que tamén somos conscientes de que aínda quedan por diante moitas xornadas complicadas, con rivais que se están xogando entrar en Copa, a permanencia…, e pode pasar de todo”.
Esta será a terceira vez na tempada que se vexan as caras dous equipos que se coñecen ben; na Supercopa repartíronse as vitorias, con 5-1 para Navalcarnero e 2-0 para as de Burela e na liga impuxéronse as madrileñas (1-2). “Será un partido aberto, con dous equipos con mesmo obxectivo, o dos tres puntos na busca do título, aínda que cun lixeiro matiz. Dende a posición actual, nós poderemos saír vivos aínda que o resultado non nos acompañe, unha situación privilexiada con respecto a hai algunhas semanas; non obstante, o Atlético, se non puntúa, pode quedar un tanto descolgado tanto na clasificación coma moralmente” reflexionaba Quico Otero.
“Aínda que disporán da importante ausencia de Leti, é un cadro longo, con calidade e competitivo; se non estamos ao cento por cento poden aproveitalo e facerse co encontro” advertía o adestrador, agradecendo de antemán o apoio da afección, xa que se prevé que o conxunto laranxa poderá contar con parte do alento de Vista Alegre e tamén doutros seareiros da comarca e do resto de Galicia residentes en terras madrileñas, unha pequena Marea Galega moi importante para os intereses naranjas. “Sempre axudan moito, algo que agradecemos enormemente sobre todo nos momentos de fraqueza; será un gran pulo recibir ánimos dende a bancada” concluía Quico Otero.
No resto do vestiario burelista, chegarán entre algodóns Lidia Mesías e Lara.
*Foto: A Caixa Escura Producións.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
