As escolas de Celeiro de Mariñaos acollerán por segundo ano a Foliada “Ao Son do Masma”. O evento foi organizado por primeira vez o pasado ano e naceu coa finalidade de ser un medio para a recaudación de fondos destinados á organización do festival “Ao Son do Masma”, que este ano terá lugar o vindeiro 7 de xuño e vai xa pola súa terceira edición.
O grupo de música tradicional “Tumba e Dálle” e o colectivo cultural “Ollomao” de Barreiros organizan esta Foliada para o 22 de marzo, xornada na cal se combinará xantar, música e festa. A partir das 13h. estará aberto o bar ata as 14:30h., hora na cal as e os asistentes poderán quedar a xantar un cocido, cun prezo de 20€ por persoa. A partir da sobremesa, todas as persoas alí presentes poderán participar tocando, cantando e bailando nunha foliada que se alongará ata a noite.
Todas as persoas interesadas en apuntarse ao xantar, poderán facelo chamando aos números 699 396 664 ou 628 739 224.