Foz, 21 de abril de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou a elevada presenza de visitantes que houbo no concello durante a pasada Semana Santa. O rexedor municipal resalta os servizos que se prestaron e o traballo dos organizadores das diferentes actividades celebradas.
“Quedaron moi boas sensacións, pois houbo unha ocupación como nunca nestas datas, o pobo estivo completamente cheo e os servizos cumpriron perfectamente. Estamos moi satisfeitos tanto do nivel de ocupación nos hoteis, na hostalería e no propio pobo como dos servizos que se deron. Estamos de noraboa e, como a Semana Santa normalmente é un preámbulo do verán, as sensacións que nos quedan son moi boas. O nivel de satisfacción é altísimo en xeral, tanto dos hostaleiros como do comercio e dos veciños de Foz e tamén de todos aqueles que nos visitaron e dos que teñen a súa segunda residencia aquí. Cremos que toda esta xente se vai moi contenta e a todos aqueles que nos coñeceron por primeira vez quédanlles ganas de repetir”, comentou Javier Castiñeira.
O alcalde focense engadiu que “acompañou o tempo na maior parte destes días, sobre todo nos primeiros, e iso axuda moitísimo a que luza o concello de Foz e toda A Mariña. Polo tanto a satisfacción é enorme e quédanos moi bo sabor de boca a todos para que o verán sexa o que necesitamos para que repunte esta comarca, que ten outras actividades que son positivas para o emprego pero dende logo o turismo é importante para que esta comarca poda seguir desenvolvéndose. Os balances en todos os concellos son moi positivos e polo tanto os alcaldes temos que dar a noraboa a todos os que participaron nos diferentes actos que fixeron que A Mariña puidera dar ese servizo e ese nivel de satisfacción que se levaron os turistas que estiveron aquí”.
Para rematar o rexedor municipal de Foz manifestou: “quero particularizar nas confrarías e naquelas persoas que fixeron posible a multitude de actos que houbo no noso concello. Empezando por San Martiño, que quizais fora a parroquia máis activa, hai que darlle a noraboa á Confraría do Desencravo e a todos os veciños de San Martiño que participaron nos actos desta excelente Semana Santa. E tamén a todos os veciños de outras parroquias e da vila de Foz que celebraron de forma excepcional as diferentes procesións e multitude de actos relixiosos e culturais que engrandecen tamén a Semana Santa do noso concello. A todos eles moitas grazas e os maiores parabéns polo resultado que tivo esta Semana Santa”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



