Santiago, 17 de abril de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou varios convenios de colaboración cun total de quince sociedades de pesca fluvial da provincia de Lugo, co fin de preservar a riqueza piscícola e da mellora do ecosistema fluvial dos seus coutos. Esta actuación enmárcase dentro dunha liña de colaboración con 55 entidades de pesca presentes nas catro provincias galegas.
Os organismos beneficiados na comarca da Mariña son: a Asociación de Pescadores Río Masma, Club Centro de Iniciativas Turísticas A Pontenova e Asociaicón de Pescadores Amigos do Ouro.
Os convenios da convocatoria deste ano 2014 baséanse nunha redacción moito máis obxectiva que os anteriores e explican, claramente, as accións e investimentos aos que se comprometen cada unha das partes asinantes. Así, a Consellería terá que reservar ás entidades colaboradoras unha porcentaxe dos permisos dispoñibles nos tramos acoutados, calculada en función dos compromisos adquiridos pola sociedade de pesca.
Os prezos dos permisos de pesca en coutos vixentes na actual tempada van dende os 2 euros (permiso de pesca sen morte) ata os 13, para a captura de salmón, baixa ata os 8 no caso do reo, 6 euros para os permisos de pesca intensiva, 4 euros para a troita e 2 euros no caso dos ciprínidos.
Con estas cifras, cómpre destacar que, para esta tempada de pesca, o número global de permisos en coutos reservados para as entidades con convenio vixente significa en cifras económicas un valor de case 300.000 euros a favor das entidades asinantes.
A sinatura destes convenios supón tamén para as entidades a reserva da totalidade dos permisos do couto para tres xornadas de pesca en cada tempada (quedando excluídas as tres primeiras xornadas de pesca).
Pola súa banda, as sociedades de pesca comprométense a realizar labores de vixilancia en tramos de pesca, sinalización, mantemento e conservación de accesos, sendas e postos de pesca, así como facer un reparto equitativo dos permisos entre os seus membros, non poden ceder ou vender, en ningún caso, estes permisos a persoas non pertencentes a estas sociedades.
Cabe lembrar que para pode acollerse a estas medidas as sociedades deben cumprir o requisito previo de ostentar a condición de Entidade colaboradora de pesca fluvial e o cumprimento dunha serie de obrigacións mínimas obrigatorias.
No caso de que a sociedade colaboradora desexe adquirir o compromiso de execución doutras actividades ou investimentos adicionais a favor da riqueza piscícola e da mellora do ecosistema fluvial, no ámbito do couto obxecto do convenio, poderá obter unha porcentaxe adicional sobre a porcentaxe de permisos adquiridos. Para a asignación dos mesmos, seguíranse uns criterios de valoración obxectivos das actividades comprometidas, co fin de harmonizar estes repartos, evitar arbitrariedades e premiar a aquelas sociedades máis comprometidas co medio natural.
Na actualidade, no conxunto da Comunidade existen un total de 69 entidades colaboradoras, ás que pertencen case 11.000 pescadores. Os convenios en vigor benefician a un total 55 sociedades de pesca fluvial colaboradora, que agrupan a case 9.000 pescadores (unha media de 170 socios por entidade) nas catro provincias galegas.
Tempada de pesca
O pasado 16 de marzo iniciouse a tempada de pesca de troita nas augas cuxa competencia son da Comunidade galega, un período que se prolongará ata o 31 de xullo. As xornadas hábiles seguen sendo todos os días, excepto os luns con carácter xeral e os xoves nos tramos acoutados. Nos coutos conveniados, os xoves serán hábiles na modalidade de pesca sen morte.
Os horarios de pesca fíxanse de acordo co disposto na lei de pesca fluvial: desde unha hora antes do alba ata unha hora despois do ocaso, conforme ás horas oficiais publicadas na web de Meteogalicia, tomando como referencia a localidade máis próxima ao momento onde se estea pescando.
En relación cos treitos acoutados, a oferta de pesca en Galicia é moi ampla: máis de 30.000 km de ríos de tipoloxía moi variada e unha ampla rede de encoros. Existen 144 acoutados de pesca nas nosas augas, con 1.116 km de lonxitude total (3,7%), mentres que preto de 1.800 km de ríos (6%) están vedados para a pesca por diversos motivos relacionados coa protección ou conservación dos recursos naturais. O resto das augas (91,3 %) son augas libres.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



