Burela, 15 de abril de 2014. Desde hoxe e ata finais de ano estará aberto o barco museo Reina del Carmen. Será en horario de mañá, de 10 a 14 horas, segundo subliñou a concelleira de Mar, Patricia López Eijo, aínda que se abrirá para as visitas de grupos que estean concertadas para as tardes.
A edil popular sinalou que “a partires de hoxe o barco museo estará aberto ao longo de todo o ano en horario de mañá e procederase a realizar os traballos de mantemento básico da embarcación: pintado da cuberta e da ponte, adecentamento das zonas interiores, etc, para que o Reina del Carmen estea no mellor estado posible”.
López Eijo lembrou que “durante estes últimos meses non puidemos ter o barco museo todo o operativo que nós quixéramos, aínda que en ningún momento se suspendeu ningunha visita. As visitas que se programaron con antelación foron atendidas todas e a partires de agora serán atendidas as que sexan solicitadas previamente e aquelas que xurdan ao longo do día”.
A concelleira de Mar dixo que “no equipo de goberno somos conscientes de que o Reina del Carmen é un recurso turístico importante para o Concello e para Burela e en ningún momento estivo na nosa intención abandonar o barco, senón todo o contrario, pero houbo que adaptarse á situación económica que vive o Concello”. E lembrou que “de feito fai uns meses fixéronse importantes labores de mantemento e de mellora da seguridade do barco”.
Patricia López Eijo engadiu que “é a nosa intención reforzar o horario do barco museo Reina del Carmen durante os meses de verán”.
























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



