Lugo 12 de abril de 2014.- O Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Lugo condena novamente á Deputación por un accidente esta vez na estrada C-P- 4102 de Ferreira a Currelos, a que a sentenza nº 2013/201, de cinco de julio de 2013, lle achaca un “deplorable estado de conservación”.
A referida sentenza estima que a administración provincial debe asumir as costas e indeminizar ao afectado do accidente, que tivo lugar o 2-1-2011, catro anos despois de que tiveran responsabilidade de goberno no ente provincial, xa que “se dan os presupostos e requisitos que fan surxir a responsabilidade patrimonial por canto, como titular da carretera por onde circulaba o vehículo en cuestión, debería de habela mantido nas debidas condicións de seguridade do tráfico, poñendo remedio aos baches da mesma”.
Deste xeito, a fallo xudicial estima o recurso contencioso-administrativo interposto polo afectado contra a “resolución do Sr. Presidente da Deputación de data 15-9-2011, mediante a cal se desestima a reclamación formulada polos recurrentes en concepto de responsabilidade patrimonial”. Así, “a responsabilidade patrimonial é clara e evidente” cita a referida sentenza.
A Deputación aporta fotografías de lugares distintos aos requiridos
Os populares tachan de “escándalo” a actitude da Deputación no procedemento dado que aportou fotografías de lugares distintos aos que lle foi requirida, enviando informes sen datas e sen asinar; sendo advertidos polo xuzgador “que non lle dedicaron a atención que o asunto requería”
En concreto, a sentenza recolle que a Deputación de Lugo aportou documentos fotográficos donde segundo expoñen dende a administración provincial, “non se observa bache ningún”.
Pola contra, no informe Arena dos axentes da Garda Civil referenciase que en dita estrada “hai baches, que no seu día a Deputación Provincial foi a bachear, pero non resultou efectivo”, e que as fotografías obrantes ao folio 43 –as aportadas pola Deputación- do expediente non se corresponden co punto kilométrico onde tivo lugar o accidente, o 7,3.
Deste xeito, o Xuzgador di que “no caso que nos ocupa, quíxose resolver o caso sen adicarlle a atención que requería, máxime cando das fotografías ás que se fixo mención se desprende, non só a existencia dun bache na segunda delas á esquerda, senón que, ademais, se constata unha carretera en deplorable estado de conservación”.
Por último, a sentenza recolle que día anterior a declaración houbo outro accidente no mesmo bache, o cal permanecía dende bastante tempo na calzada.
Incumprimento nas labores de conservación e mantemento
Os populares denunciaron en reiteradas ocasión o incumprimento da Deputación de Lugo á hora de realizar as labores de conservación e mantemento requeridas.
Inclusive, os populares trasladaron a pleno un rogo no que lle expoñían a Besteiro o “estado depoblarable que presenta a C.P. 4102” e urxíalle á administración lucense a que tomase as medidas oportunas. Desta forma, o GPP trasladaba a reivindicación dos rexedores dos municipios polos que trascorre o vial, que xa remitiron escritos á Deputación.
Deste xeito, esta sentenza corrobora a situación denunciada polos populares e que se abala no informe ARENA dos axentes da Garda Civil de Tráfico no cal se desprende que “o bache en cuestión pola súa permanencia no tempo, reconduce a unha desatención da Deputación Provincial de Lugo á hora de exercer a vixilancia das carreteras da súa titularidade e proveer o seu adecuado mantemento de modo tal que os danos no vehículo en cuestión foron motivados polo deficiente estado da calzada, circunstancia esta determinante do incumprimento por parte da Administración do seu deber de garantir a vixencia do principio de confianza que, ao respecto do adecuado estado das vías públicas, debe amparar aos seus usuarios”.
Dotación orzamentaria suficiente
O accidente tivo lugar con data 2-1-2011, é dicir tres anos e medio despois de que o actual equipo de goberno asumise o poder. Así, da setenza deuse conta na Xunta de Goberno de 3 de xaneiro de 2014, na que a Deputación “acorda dar cumprimento a sentenza”.
O Grupo Provincial do Partido Popular vén de ter acceso á referida sentenza e lamenta que se dean estas circunstancia pese a que dende que asumiu o goberno en 2007 Besteiro “manexou máis de 126 millóns de euros tanto para novas infraestruturas como reparacións”.
Deste xeito, os populares achácanlle a Besteiro que non optimice os fondos públicos a maiores de non ser quen de reconducir a situación que se está a dar na Área de Vías e Obras, donde o deputado delegado, Manuel Martínez, non leva a cabo as labores mínimas que se lle supoñen encomendadas, como son bachear as estradas.