A Concelleira do PSdeG-PSOE en Burela, Lucía Bouza Orosa, desexa facer pública a súa negativa a participar nos actos das Festas Patronais de Burela 2014 como cargo público “en protesta polo pésimo tratamento que está a recibir a nosa querida Banda de Música de Burela dende hai xa uns meses por parte do Concello e tamén agora por parte da comisión de festas de Burela, que decidiu este ano, por primeira vez na historia, non contar coa nosa banda para a Procesión de Baixada da Virxe do Carme, que se celebrará o próximo sábado 31 de maio”.
“Como digo, este maltrato por parte do equipo de “desgoberno” do PP en xeral e por parte do Alcalde e a Concelleira de Cultura, Mónica Pedre en particular, comezou hai xa meses, cando decidiron non asinar un novo convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Amigos e Amigas da Banda de Burela. Para xustificar esta negativa sempre fala este equipo de “desgoberno” dunha presunta privatización da banda fomentada polo anterior equipo de goberno, do que eu formaba parte. Isto ven a demostrar, unha vez máis a grande ignorancia musical e máis o nulo coñecemento organizativo das bandas de música do pais, tanto por parte do Alcalde como da mencionada concelleira, posto que non temos máis que botar unha ollada ao funcionamento das bandas máis importantes da Mariña, como son a de Ribadeo e a de Viveiro, para ver que ambas se xestionan a través de sendas asociacións e con fondos municipais. Ademais disto, cando a este equipo de “desgoberno” lle apetece se xustifican actuacións semellantes que agora nós tamén poderíamos calificar de privatizacións, como se fixo con outras instalacións ou servizos do Concello sen que o equipo de “desgoberno” do PP puxera ningún tipo de problema”.
“O seguinte paso que deu este “desgoberno” de Burela para intentar acabar coa Banda de Música foi o de crear unha banda nova no seo da Escola Municipal de Música para impartir a asignatura de Banda. Crearon unha banda nova cando xa tíñamos unha!!”.
“Xa para rematar, neste ano 2014, o “desgoberno” do PP de Burela decidiu que a Asociación de Amigos e Amigas da Banda de Burela sería a única asociación de Burela que merecía quedarse sen subvención: nin unha limosna de 100 €!!! Deixaron así patente o seu desprezo pola Banda, por todos os músicos que dela forman parte, e pola Asociación encargada de xestionala”.
“Mais este maltrato non rematou aí, posto que a principios deste ano o equipo de goberno decidiu deixar de pagar o director da Banda de Música, aludindo de novo a esa suposta privatización”
“Agora atopámonos con que a Comisión de Festas de Burela, como era de esperar, apoia ao grupo de “desgoberno” de Burela nesta cruzada particular contra a Banda de Burela e decide non contar con eses músicos da nosa vila para celebrar o día máis importante do ano para todos os burelaos. Como eu non quero ser partícipe desa desafortunada decisión, por iso decido facer público o meu profundo malestar e a miña negativa a participar nos actos festivos como cargo público en sinal de protesta”.
“Tamén quero deixar patente o meu apoio público, e para isto falo tamén en nome do Grupo Municipal Socialista e da Agrupación Socialista de Burela para coa Banda de Música de Burela, que está a pasar polo peor momento da súa historia por culpa deste equipo de “desgoberno” do Partido Popular”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



