Barreiros, 28 de maio de 2014. O alcalde, Alfonso Fuente, critica que a Deputación de Lugo se negase no pleno celebrado onte a mellorar os accesos ás praias de Barreiros e a desconxestionar o tráfico na praia das Catedrais. O rexedor critica que Antonio Veiga, o vicepresidente, manteña unha postura na institución provincial e outra ben distinta no Concello barreirense. Fuente Parga lembrou que o BNG asegurou no pleno municipal que tivemos este luns que as estradas están en mal estado, pero sen embargo á hora de votar na Deputación luguesa a favor dese arranxo fan xusto o contrario.
O rexedor de Barreiros dixo: “hoxe en Barreiros recibimos con sorpresa a votación dunha moción presentada polo PP onte na Deputación de Lugo, na que se pedía que se executasen os proxectos no vieiro costeiro entre Barreiros e Ribadeo para tentar desconxestionar o tráfico na praia das Catedrais e canalizar todos eses vehículos. Trátase duns proxectos que xa deixara aprobados, e un deles xa adxudicado, o anterior goberno do PP na Deputación luguesa, estamos a falar de hai máis de 7 anos e resulta que non o executaron”.
Fuente Parga lembrou que “o BNG no pleno que tivemos o pasado luns en Barreiros dixo que as infraestruturas do noso concello están en mal estado e onte na Deputación o vicepresidente e concelleiro nacionalista en Barreiros, Antonio Veiga, un día di unha cousa e ao seguinte foi capaz de votar en contra de que iso saíse adiante”. Para o alcalde de Barreiros “con esta actitude está a desvirtuar á súa portavoz no Concello, Ana Ermida, cando di que en Barreiros non se está a facer nada, que non se van facer investimentos, que se van subir os impostos, etc, iso é mentira. Incluso cando ten a posibilidade a Deputación Provincial, e so co voto do señor Antonio Veiga, que é concelleiro en Barreiros e veciño deste concello, para que se fagan investimentos que superan os dous millóns e medio de euros ten o descaro de votar en contra de que a Deputación execute unha obra para Barreiros e Ribadeo, necesaria para desconxestionar o tráfico nesta zona”.
O rexedor considera que “estes señores están a facer un dobre xogo. Un é o que fan no Concello de Barreiros e outro na Deputación de Lugo, ou non se falan ou non se entenden ou non queren que veña ningún investimento para Barreiros, que iso é o que temos claro todos os veciños”.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



