Mondoñedo, 28 de maio de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo criticou esta mañá que o equipo de goberno da localidade tardase ata dous anos en levar a pleno o inicio do procedemento de resolución do contrato coa empresa adxudicataria da obra do entorno da Catedral, Seminario e Fonte Vella.
Os populares explican que fai dous anos que o alcalde ten coñecemento a través de técnicos do incumprimento da empresa que executaba a obra; en concreto a través dun informe do Director de obra e coordinador de seguridade e saúde de data 18 de maio de 2012.
En dito informe indícase a situación na que quedou a infraestrutura con desperfectos en pedras colocadas como terminación de pavimento; en rexuntados de acceso sen rematar correctamente; así como problemas no alumeado e na sinalización; entre outros…uns desperfectos que continúan a día de hoxe sen estar subsanados, co perigo e incomodidade que entraña para os usuarios da vía.
Pese a estas indicacións, os populares denuncia a despreocupación do alcalde da localidade, Orlando González que ata o pleno de mañá non levou unha proposta para incoar o procedemento de resolución de contrato; pese a estar ante unha obra que supuxo un investimento superior ao millón de euros e que está a ter repercusións negativas tanto para o día a día dos veciños como para a imaxe que proxecta Mondoñedo aos visitantes.
Alguén deberá asumir responsabilidades: os mindonienses perderon máis de 30 millóns das antigas pesetas en obra
Os populares consideran que se está ante un feito grave no que se perdeu unha importante contía económica de diñeiro e incluso non se chegaron a levar a cabo as obras en concepto de melloras ás que a empresa se comprometera e que se converteran en determinantes para a adxudicación da obra.
Por este feito, os populares consideran que alguén terá que asumir responsabilidades; unha vez que se esclarezan as circunstancias que levaron a que a empresa abandonara a obra deixando unidades de obras pendentes por executar xunto a patoloxías que necesitan reparación por un importe que ascende aos 181.291,08 euros.
Confirmación das criticas dos populares
O procedemento de resolución do contrato que leva mañá a pleno o equipo de goberno do Concello de Mondoñedo demostra as críticas que os populares puxeron de manifesto ao longo destes últimos anos, xa que a simple vista se apreciaban trastornos incompatibles cunha obra recén feita.
Ante esta circunstancia, o Partido Popular de Mondoñedo lembra que o seu grupo pediu en pleno a creación dunha comisión de investigación no tocante a xestión desta obra, ao que votou en contra o equipo de goberno. Aínda que paradóxicamente, no mesmo pleno que o PP levou a moción da comisión de seguimento, o PSOE e o BNG plantexaron un requirimento á empresa para que no prazo dun mes corrixise deficiencias. Agora é evidente que a iniciativa de socialistas e nacionalistas só foi “un paripé” para xustificar a negativa á creación da comisión e evitar darlle explicacións aos populares.
Deste xeito, os populares lembran que o seu grupo criticou dende o primeiro momento esta obra, á que se refiren como de “un grave erro” ao “inutilizar unha praza que ata o momento era funcional, quedando absolutamente inservible, incómoda e insegura”.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



