Vi
lalba 10 de maio de 2014.- Multitudinario almorzo informativo o que organizou este sábado o PP de Lugo na capital chairega con representantes do sector forestal.
Máis de 400 asistentes, entre os que se atopaban representantes da corta e transformación da madeira, biomasa e comunidades de montes, así coma, membros do goberno galego, o presidente e o secretario dos populares lucenses debatiron sobre a importancia do sector forestal.
O encargado de abrir o acto foi o secretario do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, quen o definíu como un espazo para explicar a acción do goberno neste ámbito e dar conta da visión “que no PP temos deste sector e a súa repercusión na UE”.
UNIÓN E COORDINACIÓN DAS CONSELLERÍAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E DO MEDIO RURAL E MAR NUN PROXECTO COMÚN
A continuación foi a quenda para os responsables da Administración Autonómica quenes resaltaron a importancia deste sector na provincia de Lugo e a coordinación entre os seus departamentos para poñer en marcha iniciativas claves neste ámbito.
ROSA QUINTANA
No tocante ao orde de intervencións, primeiro, foi a de Rosa Quintana, cuxa ponencia foi moderada polo deputado nacional, Joaquín García Díez, e a continuación, a de Francisco Conde, sendo o deputado autonómico, Agustín Baamonde o encargo de dirixir o relatorio.
Pola súa banda a conselleira do Medio Rural e Mar destacou que os 70.000 postos de traballo demostran a importancia do sector forestal en Galicia e Lugo, sendo 20.000 directos e 50.000 indirectos.
Salientou a titular deste departamento que a provincia de Lugo conta coa superficie forestal máis elevada de Galicia, con máis de 656.000 hectáreas, o que supón máis do 34% do total galego.
Por último, explicou Quintana que o Goberno galego leva mobilizado investimentos no sector forestal por máis de 55 millóns de euros.
FRANCISCO CONDE
O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resumiu o acto como “unha xuntanza na que puidemos avaliar cal é a situación e, sobre todo, o futuro da industria forestal galega”.
O Titular de Economía comezou a súa intervención destacando a importancia do sector forestal en Galicia, un sector que sempre reclamou unha consideración como industria.
O Conselleiro manifestou que hai que intensificar e incrementar a presenza de industrias forestais no eido da innovación e da externalización posto que son a clave de competitividade de cara o futuro e asegurou que a industria forestal ten que seguir medrando para que continúe a ter maior presenza na economía.
Falou Francisco Conde da biomasa e informou que a Consellería que él dirixe e a do Medio Rural e Mar están a traballar intensamente en colaboración co sector forestal e moi concretamente en impulsar a biomasa en Galicia; todo co obxectivo de aproveitar os recursos autónomos e asegurou que a provincia de Lugo está chamada a liderar o impulso da biomasa posto que temos aquí máis do 34% da masa forestal.
Chamou o popular a por en valor o monte galego, e asegurou que a xestión forestal, a identidade das oportunidades e a biomasa é o camiño para fixar emprego no rural, consolidar a industria e actuar sobre a prevención dos incendios forestais.
JOSÉ MANUEL BARREIRO
Pechou o acto o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen calificou de estratéxico este sector e pedíu aos asistentes que o 25 de maio acudan as urnas e voten ao Partido Popular.
Dixo Barreiro que “creemos nesa filosofía de partido, de preocuparse polo que realmente interesa ao conxunto da sociedade”, e polo tanto, rebelou que tamén considera relevante o sector forestal, como garantía de futuro.
“Ademais é un sector moi directamente vinculado co que vai pasar no próximo día 25, dado que os fondos para actuar sobre este sector veñen directamente de Europa”- esgrimíu Barreiro, quen lembrou que se fixeron reflexións moi atinadas polos representantes do sector e do goberno.
O popular aproveitou o acto para pedir ao conxunto da sociedade lucense que participe nos vindeiros comicios, unhas eleccións que dixo ser vitais para o futuro das decisións que se tomen con respecto ao noso país.
“Estamos garantindo o futuro e esa participación debe ir apoiada de políticas contrastadas e responsables que representa o PP, quen ten acreditado a súa eficiencia, precisamente no marco Europeo”- concluíu Barreiro.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



