Lourenzá, 12 de xuño de 2014. O pleno da corporación municipal de Lourenzá aprobou este xoves unha modificación nas condicións do crédito concedido para o pago a provedores, que suporá un aforro medio de 5.000 euros anuais e permitirá axilizar o pago de facturas pendentes.
A portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane, explicou que a corporación de Lourenzá celebrou este xoves un pleno extraordinario cun único punto na orde do día que “era dación de conta da resolución do 13 de maio de 2014 da Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local pola que se dá cumprimento ao acordo da comisión delegada do Goberno para asuntos económicos de 24 de abril de 2014 para a modificación de determinadas condicións financeiras das operacións de endebedamento subscritas con cargo ao mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das entidades locais e adopción do acordo que proceda”.
Lupe Flórez engadiu que “a Secretaría do Concello expuxo as tres medidas que propoñía como flexibilización dos créditos concedidos aos Concellos para os pagos a provedores. Dentro destas tres medidas había unha que nosoutros xa non tíñamos opción a acollernos pois era para aqueles concellos que teñen unhas peores condicións económicas. Non é o caso de Lourenzá, polo que poderíamos acollernos a segunda ou a terceira das medidas propostas dende o Ministerio. A segunda delas falaba basicamente da ampliación do período de carencia nun ano e a terceira, que foi á que se acolleu o Concello de Lourenzá, fai referencia ao mantemento dos períodos iniciais de amortización e carencia e á redución do tipo de interese do crédito concedido, que pasaría nun euribor de 3 meses dunha diferencial que antes era de 525 a ser de 385 puntos, polo que sería unha redución do tipo de interese de 140 puntos”.
Flórez comentou tamén que “os condicionantes que poñían para acollerse a unha destas opcións de reaxuste do endebedamento facían referencia fundamentalmente a tres medidas: a primeira delas é a obriga de adherirnos á plataforma Emprende 3, encamiñada ao fomento do emprendemento por parte dos nosos veciños; a segunda fai referencia ao compromiso de adhesión á factura electrónica da plataforma do Ministerio no momento en que esta se poña en funcionamento; e a terceira medida fai referencia a substitución inmediata de polo menos o 30 por cento das licencias de apertura de distintas actividades comerciais e económicas por unha declaración responsable para axilizar a tramitación da apertura de novos establecementos”.
Esta proposta foi aprobada “polos votos a favor dos seis concelleiros do Partido Popular, catro abstencións dos concelleiros que forman o grupo socialista e un voto en contra do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



