Lugo, 3 de xuño de 2014.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este martes aos representantes das entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia lucense a convocatoria de axudas e subvencións para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.
Esta orde, que se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a pasado semana, conta cun orzamento de preto dun millón de euros, cofinanciados ao 80 por cento polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Susana López Abella destacou o esforzo do Goberno galego na promoción da igualdade no colectivo de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Así apuntou que no período 2009-2012 a Xunta subvencionou con máis de 3,7 millóns de euros a 111 entidades sociais que atenderon a máis de 35.000 mulleres (35.262).
A diferenza dos anos anteriores, na convocatoria 2014 establécense dúas liñas de axudas. Unha destinada a programas de recursos integrais para mulleres e programas de mantemento de centros; e unha segunda destinada a programas de investimento. Esta última liña é a novidosa e por primeira vez será cofinanciada co FEDER.
Liñas de axuda
A primeira liña poderá financiar os gastos correntes e de persoal e/ou para o fomento da contratación de profesionais da acción social, como educadores/as, traballadoras/es sociais, técnicas/os en integración social, axentes de igualdade, etc.
Serán subvencionables os programas de mantemento de centros de atención especializada a mulleres e recursos integrais para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de tres anos; mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social -reclusas, ex-reclusas, drogodependentes-; vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial protección, como anciáns soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes ou pertencentes a minorías étnicas. A subvención máxima será de ata 35.000 euros.
Pola súa banda, a segunda liña de axudas poderá financiar os gastos que precisen realizar para investimento en equipamento informático -ordenadores, monitores, impresoras, etc.- e/ou obras de mellora ou acondicionamento da súa sede ou locais de traballo. A subvención máxima que se poderá recibir para tal fin será de ata 20.000 euros.
Como última novidade, nesta convocatoria as dúas liñas de axudas son compatibles con outras axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional doutras administración, algo que ata o momento non se daba.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



