O festival Ao Son do Masma, organizado polo grupo de música tradicional “Tumba e Dálle” e o “Colectivo Cultural Ollomao”, acadará a terceira edición este sábado 7 de xuño.
A cita, xurdida como unha ocasión para a posta en valor do río Masma, ao seu paso polo concello barreirense, tenta ser un espazo para a reivindicación dos espazos naturais á vez que unha ocasión para achegar a música tradicional galega, nas súas diferentes variedades, ao público da Mariña.
Como ben sendo habitual, a xornada dará comezo ás 10 da mañá coa saída do roteiro, que nesta ocasión comprenderá as paraxes do Masma e do Santo Estevo do Ermo. A feira de artesanía e instrumentos musicais abrirá ás 12 da mañá, momento a partir do cal as e os asistentes poderán consumir bebida e comida na cantina que a organización instala coa finalidade de recaudar financiamento para a cobertura de gastos do festival. A sesión do mediodía estará amenizada polo cuarteto de música tradicional “Aires da Poxa”.
Ao Son do Masma é unha cita pensada para o disfrute en familia, polo cal de cara á primeira hora da tarde foron programadas para as e os pequenos da casa algunhas actividades como teatro, con Mircromina Títeres, e xogos tradicionais.
Como novidade e por primeira vez nesta edición, a organización decidiu aproveitar o Ao Son do Masma como unha ocasión na cal dar a coñecer outras produccións artísticas e culturais do país. Pola tarde, e nunha carpa habilitada a tales efectos, presentarase o libro “Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros” de Xosé López González e José M. García Fernández; e o libro “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, da Irmandade Santo Estevo. Un dos pratos fortes da tarde será a actuación do recoñecido monologuista Cándido Pazó ás 7 da tarde, e a continuación a presentación do filme “Dhogs”, da xove productora meirega, Gaitafilmes.
A partir das 20:30h. , o Grupo de Zanfonas da Tradescola animará ás e aos presentes na hora da taberna e previamente á cea, que ao igual que o xantar, poderá ser adquirida na mesma cantina do festival.
Ás 23:00h. dará comezo o punto forte da xornada coa apertura de concertos: nesta terceira ocasión daranse cita os grupos Leirabuxo, Os Carunchos e Os Cuchufellos; que mostrarán a moita diversidade que ofrece a música tradicional galega.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



