Cervo, 16 de xuño de 2014- A delegación de Seguridade Cidadá informou este luns de que é obrigatorio solicitar autorización ao Concello para poder acender unha fogueira na noite de San Xoán. Para iso, unha das persoas da organización deberá facerse responsable dela, achegando datos de contacto como o nome e o teléfono. Da mesma maneira tamén é moi importante que indique o lugar exacto no que se vai facer o lume.
Sen este permiso quedará completamente prohibido acender lume. Un trámite, aberto ata o día 20 na Casa do Concello, co que se pretende “levar un control de todas e cada unhas das fogueiras que van estar activas co obxectivo de que a noite de San Xoán se desenvolva en base ás normas básicas de seguridade e convivencia” asegura o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto.
Hai que ter en conta que o ano pasado, por exemplo, o Concello autorizou máis de 100 fogueiras, que é necesario ter localizadas para poder dar resposta en caso de algún problema ou incidente. Do mesmo xeito, Soto asegura que “a colaboración cidadá é moi importante nestes casos”. Por iso, lembra que “aínda que en xeral os veciños afrontan esta festa con prudencia e responsabilidade, no está de máis volver informar dalgunhas recomendacións de seguridade”.
No caso das fogueiras, poderán ter unha altura máxima 3 metros e un perímetro de 8 metros. Da mesma maneira, terán que facerse sempre a máis de 15 metros de distancia de vehículos, árbores, fachadas, edificios ou calquera construción e nunca debaixo de liñas eléctricas. Nunca se deberán utilizar sustancias inflamables para prender o lume nin tampouco se poden botar papeis ou tecidos con pouco peso, xa que o aire pode levantalos e facer que inicien un lume incontrolado noutro punto.
Tampouco se deben botar pneumáticos, plásticos e outros elementos altamente contaminantes. E por suposto, unha vez rematada a festa é moi importante asegurarse de que o lume está completamente apagado.
Especial mención merecen os saltos nas fogueiras, que deberán realizarse con extrema precaución utilizando calzado e vestimenta axeitada, e sempre valorar as posibilidades de saltar segundo o tamaño da fogueira, así como as condicións físicas e a idade do individuo. E lembrar que para calquera emerxencia hai que chamar ao 112.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



