Lourenzá, 20 de xuño de 2014. Rapaces do municipio de Lourenzá visitaron a carpa Xplora, que estivo situada na praza do Conde Santo, para informarse sobre o plan de emprego xuvenil da Xunta de Galicia e tamén das distintas propostas que dende a Dirección Xeral de Xuventude poñen en marcha para que os mozos leven adiante proxectos sociais dinamizadores e de voluntariado. Así o explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, quen ademais comentou que “tamén se interesaron polas axudas da Xunta destinadas a mozos para mobilización exterior”.
A rexedora municipal, que estivo na carpa Xplora acompañada por concelleiros do goberno local de Lourenzá, destacou que “tamén se achegaron nais de rapaces para informarse dos campamentos de verán que tramita a Xunta”.
A presenza da carpa Xplora en Lourenzá foi unha iniciativa da Concellería de Educación, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OIMX) e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



