A revista galega de medio ambiente e ecoloxía lanza a súa primeira edición dixital, promovida por ADEGA, que dá continuidade ás edicións impresas anteriores. O cambio da CERNA impresa cara á electrónica responde ao compromiso de ADEGA de aforrar recursos limitados, como o papel, e tamén de facer sostíbel a edición futura desta publicación.
O número que vimos de publicar, correspondente á edición 71, recolle aqueles artigos que desde comezos de ano se foron actualizando no soporte web www.adega.info/revistacerna, creado para facilitar a consulta de todos os contidos da revista polo público xeral.
Nesta edición, CERNA recompila un total de 15 artigos sobre a actualidade ambiental galega. Un dos temas principais é o da xestión do lixo. Á raíz da suba da taxa de Sogama nun 34%, algúns concellos teñen enriba da mesa diferentes propostas, que se poden coñecer nestas páxinas.
Outro tema que está de actualidade é o da Enerxía. A necesidade de atopar alternativas ao sistema eléctrico actual parece incitante, pese á perseveranza do goberno central de manter un modelo enerxético insostíbel, no que as renovábeis perden peso. Ligadas ao novo paradigma nacen en Galiza as primeiras cooperativas de enerxía verde, que coñeceremos nesta publicación.
Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis no xuízo do Prestige, é a persoa que protagoniza a sección de entrevistas de CERNA 71. O letrado comparte con nós a súa interpretación da sentenza do Prestige feita pública pola Audiencia provincial da Coruña no décimo aniversario da maior desastre ecolóxico do país. No eido da biodiversidade, a CEMMA explícanos como os cetáceos que conviven no Norte da Península Ibérica xestionan a súa competencia polos recursos e polo hábitat.
Tamén nos trasladaremos ao interior para saber como a nova proposta da Lei do Solo pon en risco o desenvolvemento rural. No obstante, experiencias, como a de Proxecto Soutos de Alibós, amósannos que o rural galego aínda pode evolucionar e fixar poboación se favorecemos unha xestión apropiada dos seus recursos. As crónicas dos últimos encontros de Educación ambiental e as habituais seccións de flora e fauna completan este número.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



