Foz, 17 de xullo de 2014. Un día despois de celebrarse o día grande das Festas do Carme en Foz, o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance dos resultados de asistencia e participación a estes festexos. O rexedor mostrouse “moi contento ante o resultado tan bo que deixaron estas festas no concello”.
Castiñeira afirmou que “o grupo de goberno, e o Concello en xeral, estamos moi agradecidos e moi contentos co resultado das Festas do Carme de Foz. Unhas festas populosas e populares nas que todo o mundo goza e vive con paixón a festividade da nosa patroa. E unhas festas nas que o resultado foi moi bo.” Fixo pública a súa felicitación á comisión de festas, a asociación Sempre Foz, xa que para o alcalde “foi a verdadeira protagonista destes resultados, xunto coa Concellería de Cultura personificada na figura de Ánxel Paleo, que conseguiron con moito esforzo sacar adiante unhas festas tan importantes coma son as do Carme.”
Javier Castiñeira destacou que “todo o que sucedeu arredor da propia festa saíu moi ben e nas alfombras florais, a pesar da choiva, houbo moita colaboración cidadá. É algo que quero agradecer a tódalas peñas que colaboraron na elaboración, á Asociación Virxe do Carme, a tódolos portadores da Confraría Virxe do Carme e por suposto a toda a parroquia e a tódalas autoridades que presidiron os actos. Entre eles, o señor bispo de Mondoñedo e Ferrol, don Manuel Sánchez Monje; a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; e o portavoz do Partido Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro. Tamén a outros deputados e compañeiros da corporación que estiveron presentes en tódolos actos. A todos eles e ao presidente da confraría de pescadores moitas grazas por acompañar estes actos tan importantes que forman parte do éxito”.
O rexedor afirmou que “os os números están aí, as cifras de xente e a presenza en tódolos actos foi boa e dende os primeiros días ata o último da verbena de onte non houbo ningún incidente salientable”. Castiñeira recordou que “máis alá das Festas do Carme, seguimos co programa deste verán en Foz que afortunadamente é moi extenso. Na seguinte fin de semana son varias as parroquias que están de festas, coma San Martiño cunha verbena moi populosa e popular e tamén Cangas, celebrando os seus días grandes os próximos sábado e domingo”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



