Ribadeo, 28 de xullo de 2014. Ribadeo acollerá unha media maratón o vindeiro 6 de setembro. O percorrido será de 21 quilómetros entre a vila e a praia das Catedrais. Con esta proba, segundo o alcalde, Fernando Suárez, tamén queremos reclamar que o areal sexa declarado parque natural.
O rexedor explicou que “o porqué desta idea, desta nova iniciativa de organizar unha media maratón de 21 km de recorrido dende o centro de Ribadeo, con remate na praia das Catedrais, é porque aproveitamos un día como é o 6 de setembro, pola tarde, en plenas festas da Patroa, coincidindo cunha das mareas baixas máis importantes do ano, para seguir dándolle iniciativas á xente para que siga vindo a Ribadeo. Ben sexa pola cultura, polo deporte ou por reivindicar algo que é moi noso e que nos está a poñer no mundo, coma é o areal das Catedrais. E porque ademais queremos seguir reivindicándoo, porque temos tódolos argumentos para que todo este ámbito, todo este areal e toda a costa de Ribadeo sexa declarada Parque Natural”.
Suárez Barcia dixo que “organizamos por primeira vez unha iniciativa que vai traer a moita xente do mundo deportivo. Sabemos que non é unha proba á que calquera poida inscribirse, xa que é unha proba dura. Son en realidade 21 Km, pero 21 Km por lugares para moita xente non descubertos e marabillosos que discorren pola costa. Aproveitamos na maior parte do traxecto, camiños que se estiveron rehabilitando e abrindo na senda costeira, tanto por parte do Ministerio de Fomento, como por outros que estivo xestionando o Concello para a súa apertura. Onde non poida ser por estes camiños, será en todo caso polas vías asfaltadas polo Concello de Ribadeo ou a Deputación de Lugo. Polo tanto, este carteliño e este anuncio que van a estar andando durante o verán polas redes sociais, os foros e os clubs deportivos do país e de fóra, estamos convencidos de que o día 6 de setembro se van a converter aquí nunha festa deportiva do mundo do atletismo, que servirá para reivindicar que As Catedrais sexa parque natural”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



