San Cibrao, 19 de agosto de 2014.- O xoves 21 de agosto, ás 19:30, no Museo Provincial do Mar, Yago Abilleira Crespo impartirá unha charla baixo o título “O saqueo do naufraxio do Douro. Un expolio na Costa da Morte”.
Yago Abilleira Crespo (Pontevedra, 1982), é veciño de Lugo. Aínda que contable de profesión, é un gran afeccionado á Historia Naval e ó submarinismo. Como mergullador, colaborou en varias campañas de Arqueoloxía Submarina (Ribadeo, Burela, Xove, Viveiro, Fisterra,…). Autor do libro “Los galeones de Vigo” e de varios artigos sobre naufraxios e o seu mergullo. É membro da Real Liga Naval Española, institución que o condecorou coa Medalla ó Mérito Cultural.
No ano 1882 o vapor “RMS Douro” afundíuse na Costa da Morte cun importante cargamento de ouro. Na década dos 90, uns cazatesouros chegaron a Galiza coas máis modernas tecnoloxías, dispostos a valeirar o naufraxio. Grabáronno todo nun documental “O ouro dos abismos” que será proxectado no Museo. Posteriormente, haberá un coloquio co público.