O Grupo de Apoio a AGE coidamos que Ribadeo precisa dunha candidatura aberta e protagonizada pola cidadanía cara as eleccións do vindeiro ano.
Con ese obxectivo propoñemos unha xuntanza a todos aqueles que comparten esa visión para a constitución do grupo promotor que traballe para crear unha Candidatura Cidadá, non partidaria, onde poida confluír a cidadanía ribadense a prol dun concello solidario, galego, feminista, sostible, defensor do público, participativo e transparente.
A cita será o martes 2 de setembro ás 08.30 horas no Cantón Bar.