Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta gratuíta de dificultade media por San Acisclo e Fazouro este sábado 16 de agosto a partir das 09.00 horas con saída dende o Concello en autobús. Os interesados poden informarse nos teléfonos 670 369 017 e 696 236 020 ou no enderezo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O próximo andareiro realizarase o sábado 30 de agosto á Ruta das Capelas.
