Cervo, 22 de agosto de 2014- A edil Yolanda Pedreira lamentou este venres a forma de proceder da Deputación, que “minte para ocultar os seus erros coa estrada de Rúa”, que leva dous meses cun grande burato aberto nun dos carrís xa que o Goberno Provincial non dá permiso ao Consorcio para continuar coas obras.
Pedreira asegura que “dicir que o Concello executa esas obras é unha gran mentira”, xa que é o Consorcio de Auga o que contrata e financia eses traballos. Pero ao mesmo tempo, grazas a esta situación, “descubrimos a actitude da Deputación, que en canto cre que as obras son do Concello decide obstaculizalas sen importarlle poñer en perigo aos veciños”. De feito, tamén “puidemos comprobar como o Goberno Provincial actúa sempre en contra dos intereses dos veciños de Cervo”. Por este motivo, o Concello xa anunciou que estudará as medidas a adoptar ante esta “nova irresponsabilidade” da Deputación.
A edil lembra que hai dous meses o Consorcio de Auga Cervo-Burela pediu permiso á Deputación para rematar as obras. “Temos constancia de que esa solicitude chegou ao Goberno Provincial, porque o Consorcio ten o acuse de recibo, pero aínda así, as obras seguen bloqueadas” engade Pedreira.
“Hai unha cousa clara: A Deputación tivo moito interese en crear un problema de inseguridade na estrada de Rúa, pero agora non ten ningún interese en solucionalo”, asegura Pedreira, que aproveita para lembrar que o Concello xa informou á Subdelegación do Goberno, á Garda Civil e á Dirección Xeral de Tráfico da situación de perigo que existe nesta zona e advertiu á Deputación de que todos os incidentes que se produzan a causa desta situación serán de responsabilidade provincial.


















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



