CADERNOS DA VIAXE. O reino de Escocia formouse no século IX e mantivo a súa independencia por séculos en loita continua contra Inglaterra. Dende 1603 até 1688 unha dinastía escocesa, os Stuarts, reinou sobre ambos os dous países e esta proximidade incrementou as presiòns anexionistas de Inglaterra. O Parlamento escocés aprobou no 1707 a Unión co reino de Inglaterra no novo Reino Unido. Foi unha decisión impopular, explicábel polos intereses da nunca fiábel aristocracia escocesa, dominante na Cámara e pola carga financeira xerada por unha fracasada aventura colonial no istmo de Panamá.
Os escoceses mantiveron a súa Igrexa, Dereito, sistema xudicial e rèxime local, mais perderon todas as sùas liberdades políticas despois de 1745 polo seu apoio aos Stuarts. A emigración, a aventura colonial británica e a industrialización da conca do Clyde serveron para encaixar o país no Imperio británico. Mais as guerras mundiais no século XX liquidaron o Imperio e Escocia perdeu os seus horizontes. Londres multiplicou a súa presenza no agora máis pequeno Reino Unido. Xa non era doado o encaixe de Escocia neste inglesizado Reino.
Hai algo máis de 40 anos apareceu o petróleo do Mar do Norte e Londres privou aos escoceses de grande parte dos seus beneficios, agachou a información sobre a magnitude da achega do crú ao PIB escocés e argallou unha campaña baseada na desinformación e no desprestixio dos nacionalistas do Scottish National Party (SNP), que acadaran o 32% nas eleccións ao Parlamento de Westminster no 1974.
Porén, no 1998 a devolution foi aprobada por unha ampla maioría e o Parlamento escocés foi restaurado. O SNP gañou as eleccións no 2011 con maioría absoluta. En cumprimento das súas promesas electorais, o primeiro ministro escocés pactou co británico a celebración do referéndum de independencia o 18 deste mes que andamos.
Cameron rexeitou teimudamente unha terceira opción para lle devolver máis autonomía a Escocia, malia que o seu ministro de Finanzas, diante do avance da opción pro independencia (que gañaría 51-49% segundo unha recentísima enquisa do Sunday Times) ven de ofrecer esta ampliación autonómica no caso de gañar o yes.
A poucos días de que a cidadanía escocesa vote nada está decidido, malia o esforzo de Londres porque gañe o No.
Xoán Antón Pérez-Lema

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



