Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014.- A Mesa pola Normalización Lingüística fixo público este luns un novo caso de discriminación lingüística por parte da Administración Xeral do Estado, concretamente do Instituto Nacional de Estatística.
Segundo a denuncia que lle trasladou á Mesa un hostaleiro a través da Liña do Galego, o INE négase a lle facilitar os cuestionarios sobre Ocupación en Aloxamentos Turísticos en galego, malia indicar que están dispoñíbeis nas diferentes linguas cooficiais.
Os estabelecementos hoteleiros están obrigados a lle facilitar ao Instituto Nacional de Estatística, a través das Delegacións Provincias, datos sobre as visitas que reciben a través dunha Enquisa de Ocupación en Aloxamentos Turísticos de obrigada cumprimentación periódica.
Nestes cuestionarios hai unha nota que sinala literalmente “Este custionario está disponible en las distintas lenguas cooficiales de las comunidades autónomas”. Porén, o INE distribúe os cuestionarios unicamente en castelán, ante o que o hostaleiro cada vez que o tiña que cubrir sinalaba no apartado de observacións o seu desexo de os recibir na súa lingua, o galego. O INE nunca atendeu esta petición, porén ante a insistencia do hostaleiro a pasada semana a Delegación Provincial do INE en Pontevedra chamouno por teléfono para lle indicar que aínda que seguise a pedir estes cuestionarios en galego non llos ían enviar, porque “agora só se fan en castelán”, feito que na Delegación Provincial xustificaron como unha medida de aforro “por mor dos recortes”.
Marcos Maceira, presidente da Mesa, ironizou sobre “cal será o tipo de tinta que empregan no INE para que resulte máis caro imprimir os cuestionarios en galego que en castelán…”. Neste sentido, o presidente da Mesa salientou que non estamos ante medidas de aforro económico senón ante unha clara política lingüística en contra do galego por parte das diferentes Administracións controladas polo Partido Popular: “Nos últimos anos houbo pasos atrás evidentes e escandalosos no respecto aos dereitos lingüísticos nas distintas Administracións do Estado, como no caso que hoxe denunciamos, moitas administracións retiraron da circulación impresos e modelos de escritos que se empregaban en galego con normalidade até hai uns anos e que hoxe só están dispoñibeis en español, co claro obxectivo de facer da oficialidade do galego papel mollado” sinalou Maceira.
Desde A Mesa lembran que neste tipo de situacións é fundamental que a cidadanía faga valer os seus dereitos e denuncie calquera traba que a Administración invente para lle impedir desenvolver a súa vida normalmente en galego.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



