Foz, 8 de setembro de 2014. A oficina de turismo de Foz atendeu a máis de 8.000 persoas durante os meses de xuño, xullo e agosto. Este dato foi dado a coñecer hoxe pola concelleira de Turismo focense, Maite López Rego.
“O balance é moi positivo, posto que, como xa aconteceu en anos anteriores, volvemos mellorar o número de visitas, triplicando as de 2012.
Dúas persoas foron as encargadas de atender a xente na oficina: a técnico municipal máis outra que se puido contratar grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Ademais, como xa viñamos facendo dende hai uns meses, contamos cunha guía para as visitas á basílica de San Martiño”, explicou a edil de Turismo, quen especificou que “no mes de xuño pasaron pola oficina de turismo 424 persoas; en xullo, 1.721; e no mes de agosto elevamos a cifra a 6.092 visitas”.
Maite López Rego comentou tamén que “a maior parte do turismo é nacional: madrileños, asturianos, leoneses, vascos e incluso galegos, aínda que, nun número moi inferior, tamén houbo xente estranxeira que apostou por Foz para pasar as súas vacacións”.
A concelleira de Turismo en Foz destacou ademais que se rexistraron “moi poucas incidencias e as que houbo foron de pouca importancia. Foz segue contando con Bandeira Azul en seis dos seus areais (A Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, Polas e Areoura) e ademais con Sistemas Ambientais ISO 14001 en todas as anteriores e tamén en Xuncos, Pamplillosa e Alemáns, aparte da Q de calidade turística na Rapadoira, sen esquecerme do Galardón Sendeiro Azul para a Ruta das Praias, que vai dende A Rapadoira ata A Areoura”.
Maite López rematou comentando que “o noso concello ten moito que ofrecer e seguiremos traballando para poder dar moito máis aos nosos visitantes. Formamos parte dun lugar de Galicia chamado A Mariña, que conta con numerosos lugares marabillosos que poder facer inesquecibles as vacacións de calquera. Quero agradecer a tódolos visitantes que contaron con Foz para pasar uns días e a tódolos focegos a hospitalidade que ano tras ano lles ofrecen aos nosos turistas, ese trato e ese cariño que fan que aposten por nós ano tras ano. Polo demais seguiremos traballando nesta liña e facendo oídos xordos a esas críticas envexosas que o único que fan é prexudicar ó noso concello”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



