A UNED-Aula Universitaria de Foz é unha universidade sen distancias, tanto por ser a única que a través da súa metodoloxía educativa ofréceche a posibilidade de obter titulacións oficiais adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e desenvolve a súa formación a través das novas tecnoloxías e, fundamentalmente, en Internet. A metodoloxía da UNED permíteche compatibilizar o teu traballo, as túas necesidades persoais coa obtención de títulos moi valorados laboralmente para axudarche a alcanzar maiores cotas na túa carreira profesional. O período de matriculación nas titulacións que ofrece a aula Universitaria de Foz así como en todas as titulacións que ofrece a UNED dará comezo do 4 de setembro ao 21 de outubro, e a admisión do 18 de xuño ao 21 de outubro. Máis información na secretaría da UNED-Aula Universitaria de Foz, situada no I.E.S. de Foz ou chamando ao teléfono 982 133 699 ou ben no correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Admisión e matrícula na aula universitaria de Foz
Admisión e matrícula na aula universitaria de Foz
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz