Comeza outro outono, a estación favorita do poeta Manuel María, que el xa non viu chegar connosco en 2004 por tan só dúas semanas. NaTerra Chá celebramos desde entónna primeira quincena de setembro o Día da Cultura Chairega, con actos culturais variados (poesía, musica, cine…) organizados polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA)para lembrar a quen lle puxo nome ao noso fogar chairego, un dos moitos que compoñen a nación galega. Adoitan desenvolverse estes actos no mesmo auditorio no que o Manuel tomou posesión como académico numerario da Real Academia Histórica, ao abeiro demáis de seiscentas persoas quequixeron manifestarlle o seu agarimo e recoñecemento público por toda una vida de traballo e compromiso con Galicia.
Comeza outro outono, si, anque para miles de fogares galegos, como no poema “O maio”, de Curros Enriquez, todo o ano sexa inverno … alomenos desde que comezou a crise económica que está a facer minguar os ingresos e crecer a desigualdade económico-social.
Cúmprense neste outono seis anos desde a caída de LehmanBrothers, derrubo financeiro que adoita tomarse como o comezo desta longa crise, a maior nas seis últimas décadas.
Ademais das estatísticas propias de cada quen, froito da observación da realidade desde o posto de traballo (quen o conservou), a familia, as persoas amigas e ou fogar común da sociedade na que vive, temos as estatísticas que elaboran os organismos estatísticos oficiais.
Baixando dos datos macroeconómicos, desas grandes cifras que tanto escoitamos (como o PIB) á realidade dos fogares, o INE publica hai ben anos interesantes estudos sobre os orzamentos familiares,sobre a república independente da nosa casa.
Que nos contan estas estatísticas oficiais? Que en 2013 , por quinto ano consecutivo, diminuíu o gasto medio do fogar galego, e fíxoo coa maior intensidade desde que comezou a crise: un 4,1% (1.146 euros menos de gasto anual). Sumado este baixón ao do cuadrienio 2009-2012, resulta un descenso acumulado dun 13% no fogar de Breogán desde o comezo desta crise.
En catro sectores se rexistrou unha caída porcentual por riba do dobre dese descenso do gasto medio familiar: transporte (-32%), cultura e lecer (-29%), roupa e calzado (-28%) e hostalería (-27%).
Despois de anos de suba dos impostos (IRPF, IVA, impostos especiais…) e de recorte do gasto público, nomeadamente no tocante ao miolo do Estado de Benestar: sanidade, ensino e servizos sociais (atención á dependencia…) seguimos a recoller o que sementaron: ingresos minguantes e desigualdade crecente.
Velaí un exemplo en Galicia no eido educativo mesmo no comezo da crise, cando aínda non se adoitaba falar dos recortes, cun Partido Popular que en Galicia collía o relevo do goberno PSOE-BNG: eliminación de Preescolar na casa, unha exitosa experiencia do ensino infantil no medio rural en que Galicia foi pioneira, cun notable recoñecemento, mesmo a nivel internacional.
Nacera décadas atrás en Lugo, da man de Gandoy (“o crego da bicicleta”) e medrou ao acubillo dun equipo educativo de primeiro nivel, tecnicamente moi cualificado e persoalmente moi comprometido en arrequecer e consolidar esta experiencia xerada nesta nación que coñece ben mellor as súas necesidades que os especialistas que desde a atalaia de Madrid deseñan plans educativos para “españolizar los niños catalanes” (ou os galegos), en palabras do inefable ministroWert. Wert para crer.
Nin o presidente Feijoo nin o seu conselleiro de Cultura e Educación renderon aínda contas desta desfeita nin pediron publicamente desculpas, alomenos cun: “Lo siento mucho; estaba equivocado; no volverá a suceder”.
Despois dunha (doutra) reforma laboral que afondou na destrución de dereitos adquiridos pola clase traballadora na “longa marcha” ´da historia, facilitando o despido (en vez da contratación) e reducindo a protección social (peores condicións de cobro da prestación por desemprego…), estamos a recoller o froito do que irresponsablemente se sementou: suba das persoas desempregadas (moi especialmente das de longa duración) e diminución intensa da taxa de cobertura por desemprego; crecemento exponencial dos fogares nos que xa todas as súa persoas están desempregadas e caída das axudas laborais, das prestación por dependencia e do importe destinado a becas.
Un estudo presentado hai un trimestre pola Consellería de Benestar (sic) da Xunta de Galicia púxolle números a unha realidade que xa viñan cuantificando e denunciando publicamente diversas organizacións non gobernamentais : máis de 62.000 fogares galegos (dos que teñen poboación infantil) están en risco de pobreza. Si, nin máis nin menos: unha de cada catro familias con menores teñen grandes dificultades para facerlle fronte ás necesidades máis básicas!.
Os comedores cheos (e facendo varias quendas) nas Cociñas Económicas, Bancos de Alimentos que non dan feito para achegar comida ás miles de familias necesitadas, Cáritas, outras ONGs e mesmo os servizos sociais dos concellos, desbordados pola inmensa marea de persoas que carecen do máis básico.
UNICEF fixo público en xuño deste ano un informe no que denunciou que máis de 2.306.000 menores de 16 anos están por baixo do limiar da pobreza no conxunto do Estado español e que tan só Romanía está peor que nós na Unión Europea; mentres, o goberno español reduciu un 15% o investimento na infancia no último trienio (como recollía ese mesmo informe).
Noutro mundo que tamén está neste, “socialistas” (máis ben “socio-listos”) se reparten en Andalucía o diñeiro público destinado aos Expedientes de Regulación de Emprego e á formación dos traballadores e das persoas desempregadas , mentres un “honorable”(só institucionalmente xa)expresidente (pero non só el e a súa familia, que o 3% ou o 5% das comisións dan para moito) seica roubaron a man cheas, entraron “a saco” no patrimonio común para que os paraísos fiscais sigan a lavar máis branco ese diñeiro negro que nos arrebataron á cidadanía.
Quen se acorda xa de Bárcenas ou dos SMS de apoio que lle enviou o presidente Rajoy, nesta enchenta de casos de corrupcións no que ao destapar un novo vaise esquecendo algo o anterior?
Outro mundo é posible. Pero mentres non o construímos, cómpre coñecer a realidade presente: miles de fogares están a “facer sitio” para recoller a “volta a casa” de persoas ás que a perda do emprego, a diminución do salario, a conxelación da pensión (vale: a suba do 0,25% anual!) ou os desafiuzamentos destruíron o seu soño de construír a súa república independente.
Vaia, resulta que diminuíron un 13% de 2008 a 2013 os ingresos medios do fogar galego…pero ese fogar está composto por máis persoas, co que a diminución real por persoa é moito maior do que reflicte ese frío dato do INE.
Home, sweet home.
Manuel Roca Cendán.



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



