O IES Monte Castelo de Burela recibiu, durante a este mércores 17, a visita de Juanma, Miguel e Jorge Bellvert, secretario técnico e xogadores do Burela Pescados Rubén, respectivamente. Os deportistas laranxas ofreceron unha charla aos alumnos de 3º E.S.O. sobre “Deporte, saúde e hábitos saudables” na que o alumnado puido coñecer de primeira man a opinión dos xogadores sobre a relación directa entre a práctica deportiva e a saúde. A importancia de adquirir hábitos saudables e rutinas de adestramento que con constancia e sacrificio terminan converténdose nunha filosofía de vida que ten especial incidencia na saúde e benestar das persoas. É por iso que, ademais de relatar a súa propia experiencia, os xogadores recomendaron e fomentaron a práctica deportiva aos novos asistentes como forma de vida saudable.
Juanma, Miguel e Jorge Bellvert visitaron o IES Monte Castelo
Juanma, Miguel e Jorge Bellvert visitaron o IES Monte Castelo
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas