A Mariña, 1 de setembro de 2014.- A Asociación Mariña Patrimonio realizou este sábado unha viaxe a varios xacementos do Parque Histórico do Navia, un interesante modelo de xestión do patrimonio cunha ampla e ben planificada posta en valor dos seus recursos patrimoniais e que está a xerar importantes réditos económicos a través do turismo cultural. No Parque Histórico do Navia fixéronse intervencións arqueolóxicas en numerosos xacementos, entre os que destacan os castros de Coaña e Chao Samartín que posúen sendos centros de interpretación nos que se expoñen unha parte dos materiais atopados nas sucesivas campañas de escavación.
O grupo iniciou a visita polo Castro de Coaña, o xacemento que máis tempo leva sendo estudado e con maior extensión escavada. De seguido visitou o xacemento de Pendía, que chama a atención pola dimensión das súas defensas e a existencia de dúas saunas, nun espazo habitable relativamente reducido.
Durante a tarde, realizouse unha visita ao Museo Etnográfico de Grandas de Salime, un completísimo espazo para coñecer a vivenda tradicional, os oficios e modos de vida da zona occidental de Asturias dos últimos cen ou douscentos anos. Rematouse a xornada coa visita ao Museo de Chao Samartín e ao seu castro; seguramente, o máis interesante de toda a comarca, tanto pola enorme colección de restos atopados como pola súa prolongada ocupación: Idade do bronce, Idade do Ferro, Romanización e reutilización como necrópole na Idade Media. Un terremoto na época de ocupación romana provocou o abandono do castro. Destaca neste xacemento, dentro do propio recinto fortificado, unha domus ou gran casa romana, asociada á presenza dalgún alto militar que dirixiu a explotación do ouro na comarca.
Os tres castros visitados teñen en común a existencia dun conxunto urbano integrado por saunas, praza pública e cabanas comunitarias de gran dimensión.
Os participantes nesta actividade organizada por Mariña Patrimonio volveron á Mariña gratamente sorprendidos polas visitas realizadas e convencidos de que a nosa comarca e o seu enorme potencial arqueolóxico merecería recibir, cando menos, a mesma atención que lle prestan os nosos viciños asturianos ao seu patrimonio.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



