Lourenzá, 10 de setembro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou este mércores a apertura do prazo para que todos os produtores de faba da Mariña que queiran vender nos mercados dominicais de Lourenzá poidan facerse co seu carné de fabeiro ou renovalo no caso de que xa contasen con el. Os interesados poderán facelo nas oficinas municipais de 08:00 a 15:30 horas, ata o vindeiro 30 de setembro.
Emma Álvarez explicou que “iniciamos o prazo para renovar o carné de fabeiros tendo en conta que o domingo día 21 de setembro empezan os mercados dominicais. Por iso facemos un chamamento a todas aquelas persoas que teñan o carné doutros anos e queiran renovalo. Poderán pasar polo Concello de 08:00 a 15:30 horas. A renovación deste carné ten un custe de 2,08 euros e as persoas que xa o teñan simplemente deberán traer o anterior para selalo de novo. As persoas que queiran facelo teñen que traer unha fotocopia do DNI e unha fotografía recente para poder obter o seu carné”.
A alcaldesa laurentina subliñou que “o obxectivo de que sigamos a insistir na necesidade de ter este carné é para ter un control sobre as fabas que se venden no noso mercado. Así sabemos que son fabas que se producen na área de influencia da Identificación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. Temos que recordar que a maiores temos o concello de Riotorto, que se ben non está dentro desta Identificación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, si hai un acordo dos produtores de Riotorto coa IXP para que as fabas dese municipio tamén se poidan vender aquí nos mercados dominicais”.
A rexedora recordou que “este ano, ao igual que o pasado, só haberá un recinto e só van poder acceder a el aqueles fabeiros que teñan o carné. Polo tanto, todos aqueles que sexan da zona da Mariña e queiran vender as súas fabas no mercado de Lourenzá, agradecémoslles que pasen polo Concello antes de día 30 de setembro para facer de novo ou renovar o seu carné de fabeiro”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



