Santiago, 10 de setembro de 2014.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo garantiu este mércores no Parlamento o compromiso do Goberno galego coa viabilidade económica dos servizos públicos e anunciou a inmediata adxudicación da ampliación do Hospital da Mariña. “En Galicia estamos preocupados e comprometidos coa viabilidade económica dos servizos públicos, da sanidade pública, da educación pública e dos servizos sociais”, aseverou, logo de avanzar que mañá se coñecerá a adxudicación do proxecto construtivo de ampliación e Plan director do Hospital da Mariña.
Nesta mesma liña, durante a sesión de control no Pleno da Cámara galega, Feijóo afirmou que o Executivo autonómico seguirá apostando pola sanidade pública, como proba a posta en funcionamento do Hospital público de Lugo, ao que sumou o avanzado estado do maior Hospital público que se está facendo en España, que é o hospital público de Vigo, así como as obras no Hospital público de Ourense e os avances na licitación do Hospital público do Salnés.
En materia de benestar, Feijóo salientou que a ratio de atención á dependencia na Comunidade –porcentaxe entre atendidos e o total de persoas que teñen dereito- é do 68,4%, é dicir, 38 puntos máis con respecto ao ano 2009, cun 30,4%.
Así mesmo, incidiu en que Galicia é a segunda comunidade autónoma despois de Madrid que máis servizos creou neste eido e lembrou que no ano 2009, “cando chegamos ao Goberno”, cobraban en Galicia 14.000 dependentes e agora cobran mensualmente 38.000, pese a que o orzamento actual supón un 20% menos de recursos do que tiña o Goberno anterior.
Ademais de destacar o incremento dun 94% do número de persoas que están percibindo a RISGA, e un incremento do 74% do seu presuposto, o presidente autonómico lembrou que Galicia conta na actualidade con 7.000 prazas públicas máis de garderías, de centros de día, de centros da terceira idade, de prazas de discapacitados e de prazas de alzhéimer.
Se ben recoñeceu que a sociedade galega está virando cara a un cambio de tendencia positivo: máis crecemento económico, menos desemprego e máis afiliacións á Seguridade Social, Feijóo aseverou que o paro segue a ser a prioridade do Goberno galego. “Temos case 237.000 mulleres e homes en paro e, iso, sen dúbida, segue a ser o primeiro problema e é a clave de calquera política social”, dixo.
O responsable autonómico concluíu a súa intervención, afirmando que os servizos públicos na Comunidade teñen “máis futuro hoxe do que tiñan no ano 2013, 2011, 2010, 2009, 2008 e no ano 2007”. “A Galicia que nós recibimos destruía 51.000 empregos no último ano e tiña unha recesión, a través da baixada do PIB, de máis do 3,2%. Pola contra, a Galicia de hoxe ten un lixeiro incremento do PIB e está reducindo en máis de 20.000 as persoas paradas que tiña hai un ano”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



