Cervo, 4 de setembro de 2014- A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e a de Xuventude, Yolanda Pedreira, recibiron na Casa consistorial a Waara e Bachrir, os dous nenos saharauís que pasaron os meses de xullo e agosto no concello. Unha representación do goberno local xa saudara a Waara e Bachrir á súa chegada a Cervo e este xoves as dúas concelleiras quixeron facer o propio para desexarlles unha boa viaxe de volta ás súas casas, no Sáhara Occidental, e para saber como foi a súa estancia no municipio nestes meses.
Armada e Pedreira preguntáronlles polas actividades que realizaron nestes meses, polo que máis lles gusta facer e outros detalles das súas vacacións en Cervo. Un acto no que o Concello lles entregou agasallos desexando ao mesmo tempo que leven un bo recordo deste verán.
Un encontro no que tamén estiveron presentes as familias de acollida, que levan varios anos participando no programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que, coa colaboración económica do Concello, fan posible que nenos como Waara e Bachrir gocen dunhas vacacións tranquilas lonxe dun clima bélico e da abafante calor do deserto.
A edil de Servizos Sociais destacou o “papel imprescindible das familias, que son as que fan un importante esforzo, totalmente desinteresado, para acoller a estes nenos, aos que tratan coma un membro máis”. “Hai que ter en conta que sen a disposición das familias este acollemento non sería posible”, engade Armada.
Ao mesmo tempo a edil lembra que este programa está aberto a todas as familias de Cervo, que en caso de estar interesadas “atoparán todo o apoio do Concello”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



