Gran día de btt en Boiro para os membros das ED Lourenzá o sábado 6 de setembro nunha longa ruta dura e técnica que se disputou baixo a choiva e con barro, néboa, vento, averías mecánicas etc.
Aínda así, dous dos integrantes do ED Lourenzá Ciclismo fixeron un gran papel na III Ultra BTT Cicloturismo de 100 km de Boiro ocupando o posto 16º e 38º da xeral. Foron o Peixe e José Luis Falcón Irigoyen que declaraba ó remate da proba: “xa de volta da Barbantia Rodas 2014, despois de saír cargadisimo de pernas e estar a punto de dar a volta, pouco a pouco funme atopando máis cémodo. O peor? O pinchazo e a ausencia de 2 piñóns. Ó final 38º da xeral e 25º de máster 30. Para o ano máis”.
A mariores, o pasado domingo, a maioría dos compoñentes da sección participou na marcha cicloturista de Vegadeo poñendo punto e final así a unha intensa fin de semana.