O vindeiro sábado 4 de outubro, ás 20.00 horas no Salón de Actos do Concello de Xove, celebrase a Presentación das Escolas Deportivo-Culuturais 2014-2015 da ACD.XOVE. As disciplinas ofertadas son: patinaxe artística, fútbol sala, fútbol 8, baloncesto, karate, xadrez, atletismo (pista e campo a través), tenis de mesa, xogos pre-deportivos, aerobic, pilates, teatro e pintura. Con máis de 200 alumnos-as participantes, 19 monitores deportivos e culturais e 11 delegados e directivos bota a andar unha nova tempada deportiva e cultural na ACD.XOVE que conta co total apoio tanto económico como infraestructural do Concello de Xove, así coma con axudas económicas da Fundación Alcoa e a Deputación Provincial. Na actualidade a entidade está formada por cerca de 200 familias socias, que pagan 8 euros ó mes (96 euros anuais) por participar nas actividades que desexen.
Escolas deportivas ACD Xove 14/15