O hotel Vila do Val, situado en Ferreira de Valadouro, continúa coas súas I Xornadas do Outono dedicadas ás receitas elaboradas con produtos típicos desta época. No seu cuarto fin de semana o Vila do Val oferta para este sábado 25 e domingo 26 de outubro un menú composto por dous pratos a un prezo de 12 euros, bodega, pan e sobremesas separadamente. Os comensais que se acheguen ao establecemento hostaleiro poderán degustar de primeiro prato tosta de cecina con ovo de codorniz, ao que lle seguirá un segundo a elixir entre perdices á toledana ou corzo con castañas. As reservas poden realizarse previamente no teléfono 982 57 16 53, no correo electrónico info@hotelviladoval.com ou no propio establecemento situado nas proximidades da praza de Santa María, en Ferreira do Valadouro. Paralelamente, o Hotel Vila do Val recorda aos seus clientes que continua ofrecendo todos os venres os seus xa tradicionais montaditos a un prezo de 2 euros.
I Xornadas de Outono no Vila do Val
I Xornadas de Outono no Vila do Val
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia