Lugo, 20 de outubro de 2014.- A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, aprobou a concesión ao Concello de Ribadeo dunha subvención de carácter excepcional de 49.300 euros, dirixida a apoiar a realización do programa ‘Ribadeo Cultura’. A través deste programa, os ribadenses e as persoas que se achegan a visitar a vila mariñá poden gozar de actividades musicais, artísticas, culturais, teatrais ou de lectura ao longo de todo o ano.
A cantidade e a variedade dos actos que se impulsan desde o Concello de Ribadeo, que goberna o nacionalista Fernando Suárez, fai que este ‘Ribadeo Cultura’ se converta nun proxecto multidisciplinar con virtualidade para chegar a un número inxente de persoas de diferentes idades e inquedanzas: aos mozos e mozas; ás mulleres, en especial as rurais; colectivos con necesidades e unha problemática de seu; ou aos nenos e nenas e aos maiores. Este programa divídese en tres eixos fundamentais (cultura, turismo e patrimonio histórico) que se conxugan á perfección, xa que con el búscase non só garantir o dereito de todos os cidadáns de ter acceso á cultura, senón tamén potenciar o patrimonio histórico que ten Ribadeo, un dos grandes centros turísticos de Galiza.
Múltiples e variadas actividades
O programa ‘Ribadeo Cultura’ enche a vila de música e teatro durante todo ano. Co ciclo Músicas posíbeis, o Concello ofreceu a posibilidade de coñecer a músicos que se moven fóra das grandes canles de distribución, mais que contan cunha calidade extraordinaria. Serven como exemplo as actuacións de Irene Rodríguez, Noé Rodrigo, Os Folkgazais, Uxía, Andrea Motis ou Celinda da Piedade, entre outros artistas e grupos. Mentres, fomentouse o gusto polo teatro coa realización de obradoiros de manexo e creación de espectáculo de monicreques, pequenas funcións para o público e visitas teatralizadas ao pasado ribadense. Así mesmo, desenvolveuse unha programación que contou con Avelaíña Teatro, Malasombra, Mercromina Títeres e o ciclo Teatro na Rúa, da man dos Quinquilláns.
As artes plásticas tamén tiveron e teñen o seu espazo, coa exposición de fotos de Esther Cidoncha, principal referencia da fotografía de jazz e unha das fotógrafas máis recoñecidas internacionalmente grazas aos seus 24 anos de traballo seguindo a grandes músicos, ou unha nova edición de Mariñarte 2014, que constitúe un escaparate de propostas plásticas contemporáneas case única na Mariña que reúne cada verán o traballo dos artistas máis novos da comarca. A eles engádese tamén a ilustración de ‘Contos de pícaros observando o tren’, que busca xuntar a comunicación interxeracional, a arte e a recuperación da historia do vello tren de Vilaodrid nun libro ilustrado por pequenos e grandes.
Recuperación da Feira do Libro e lecer nas parroquias
Despois de 30 anos, o Concello de Ribadeo, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo, recuperou a Feira do Libro, un espazo fundamental para que os libros saian á rúa, entren en contacto co público e así se fomente a lectura. Esta feira, que contou con actividades de lecer relacionadas, reuniu en agosto en Ribadeo a libreiros da vila e de toda Galiza.
A programación non só se focalizou no centro da vila, senón que tamén chegou ás parroquias rurais, a través das propostas ‘Aquí como de 20’ e ‘Tarde de lecer’. Na primeira buscouse fomentar cambios na vida cotiá da xente que vive no rural, dándolle motivos para saír do fogar, unhas ilusións de aprender algo do que gustan e coñecer a persoas coas que non falarían noutras circunstancias. Mentres, o segundo incluía un compendio de obradoiros (de memoria, recollida de lendas, contos, ditos, cantigas,…) complementados con actividades de carácter puntual, como o baile.
A próxima actividade: o Samaín
No calendario do ‘Ribadeo Cultura’ aparece marcada en vermello a próxima actividade a desenvolver, que se levará a cabo a finais de este mes e comezo de novembro. Trátase do Samaín, que o Concello promociona para tentar recuperar unha tradición perdida nos anos 40 en Ribadeo, a de ir buscar os calabazotes ás leiras. Este proxecto compleméntase con actividades escénicas que fan referencia a esta época do ano.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



