Seguen as Xornadas sobre Lingua e Cultura que abriu en Viveiro a semana pasada o profesor e escritor Carlos Callón. Este xoves 13 de novembro a cantautora Mª Xosé Silvar, máis coñecida como SES, intervirá na segunda sesión das Xornadas que están organizadas polo colectivo Pensamento e sementeira.
Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.
Foi no ano 2007 cando creou o grupo “Chámalle Xis!” xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son apadriñado por Santiago Auseron. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con “ Chámalle Xis!” e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas “Tola atrás de ti”, “Admirando a condición” e “Se te vas”, producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudo chamado “Admirando a condición” e en 2013 presentou o segundo álbum “Co xenio destrozado”. Esta cantautora ten actuado en varias ocasións na comarca e tamén en Viveiro.
Mª Xosé Silvar, SES, será a encargada do segundo dos relatorios destas Xornadas e falará sobre a súa experiencia como cantautora en galego, e en feminino, con “letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario”
A intervención de SES dará comezo ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo.
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



