A asociación de Profesores Técnicos e de Ensinanza Secundaria de Automoción de Galicia (APAGA), dentro do seu plan de internacionalización da institución, o vindeiro sábado 22 de novembro realizará as IIª Xornadas de difusión de proxectos europeos no hotel O Cabazo, en Ribadeo.
A xornada de traballo está plantexada con tres obxectivos:
– Valoración do proxecto realizado no 2014 “ Innovation et Formación”, realizado en Francia, Romanía e Polonia, coa participación de 30 profesores que visitaron empresa e centros educativos destes países.
– Posta en marcha do proxecto de 2015 “ Aprender a Aprender en la Formación Profesional”, acción formativa que se realizará en Alemaña, Italia e a R. Checa.
– Propostas para a presentación de novos proxectos no 2015.
Por primeira vez, os socios que non podan asistir á reunión poderán seguila por vídeo conferencia.
A xornada dará inicio ás 10.30 horas e rematará ás 14.00 horas cun xantar.
Departamento de difusión (APAGA)