Hai unhas semanas o BNG de Burela recollía a voz dalgúns colectivos deportivos da vila, posto que algúns dos seus xoves futbolistas non podían participar nas competicións, debido a problemas burocráticos coa tramitación das súas licenzas federativas, pola única razón da súa procedencia estranxeira, posto que se lles aplicaba unha normativa pensada para os grandes clubs, sen considerar o carácter afeccionado dos colectivos afectados. O BNG de Burela, a través do seu portavoz municipal, Mario Pillado, presentou unha moción de urxencia en Pleno Ordinario, para instar á Xunta a pór solución a esta situación. Esta problemática afecta de maneira moi importante aos clubs de fútbol da nosa vila nas categorías inferiores e senior polo alto número de xogadores de procedencia estranxeira, máis tamén a outros equipos de Galiza. Neste sentido, trasaldouse a nosa preocupación ao grupo parlamentar do BNG no parlamento galego para tentar tamén acadar unha solución a esta problemática por parte da Xunta de Galiza.
A deputada do BNG no Parlamento Galego, Mª Tareixa Paz, rexistrou diversas preguntas e iniciativas nesa liña, sendo aprobada por unanimidade a proposición non de lei en Comisión parlamentar do pasado día 5, instando ao goberno galego a elevar proposta á Federación Galega de Fútbol para que evite a discriminación que están a sufrir estes rapaces galegos pola súa procedencia estranxeira, a facer o mesmo coa Federación Española de Fútbol e o Consello Superior de Deportes adaptando a aplicación desta normativa aos equipos de base paragarantir o valor integrador do deporte e, por último, exixir á FEF que desbloquee as licenzas federativas dos rapaces galegos que se están vendo afectados por esta situación actualmente, para que podan comezar participar xa nas competicións desta tempada. Todo isto quedou rexistrado e pódese atopar no Boletín Oficial do Parlamento de Galiza.
Por outra banda, as conversas entre o BNG local e os clubs afectados seguiron todo este tempo, podendo saber que a meirande parte dos casos se foron solucionando e os rapaces xa están competindo normalmente e con todo tipo de garantías. Para Mario Pillado, “Resulta evidente que non é o momento de poñerse ningunha medalla nin de apropiarse de méritos, posto que seguramente os rapaces están a xogar grazas ó traballo e o bo facer dos membros directivos dos colectivos que estaban implicados, mais semella que entre todos puidemos dar solución a esta inxustiza, que non rematará ata que non exista ningún caso en calquera punto da Galiza no que un rapaz non poda xogar por este motivo, proceda de onde proceda”.
O portavoz nacionalista engadiu, acerca da documentación que se esixe nalgúns casos, que “está fora de toda lóxica, tanto cuantitativa como cualitativamente, sería un atranco ata para a administración galega, como para que se esixa a outro estado, nalgúns casos cun idioma totalmente diferente”. Tamén quere destacar o BNG local que, coma neste caso, está sempre do lado dos veciños, dos colectivos e das asociacións da vila, para o que podan precisar, posto que esas son as súas obrigas, ademais dun sinal de identidade da formación nacionalista, estando ou non no goberno.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



