Burela, 17 de novembro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e o Centro de Información ás Mulleres, organizan para este mércores, 19 de novembro, un curso sobre Persoal Branding e Marca Persoal dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo en horario de 10 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde, e será impartida na Aula de Familia da Casa da Cultura burelesa. As interesadas poden anotarse no CIM, presentando o seu DNI e cumprimentando a solicitude de inscrición pertinente. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.
A concelleira de Igualdade, Diana Durán, explicou que “esta actividade de formación dirixida ás mulleres está enmarcada dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, xornada na que se celebra o día internacional contra a violencia de xénero. O curso está pensado para facer visibles, aos ollos da propia muller, os valores que cada unha temos, facendo deste xeito da autoestima unha arma importantísima para afrontar as dificultades do día a día. Sempre debemos lembrar que se nos queremos e nos valoramos nosoutras mesmas positivamente, tamén a xente que nos rodea nos valorará”





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



