Burela, 14 de novembro de 2014. A Concellería de Cultura e Educación pon en marcha estes días co gallo das próximas festas de Nadal, dous certames destinados aos máis pequenos do municipio. Levaranse a cabo dous concursos, un artístico e outro literario, nos que poderán participar dende nen@s de educación infantil ata rapaces de 16 anos. Os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela, antes do 12 de decembro no caso do certame artístico dedicado ás postais de Nadal, e antes do 22 de decembro no caso do certame literario dedicado aos poemas sobre estas festas.
Dende a Concellería de Cultura e Educación informan que o primeiro certame estará dedicado á modalidade artística do deseño de postais de Nadal. Nel poderán participar os nen@s do concello en cinco categorías distintas: educación infantil ata 3 anos, e de 4 a 5 anos, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Neste certame estableceranse dous premios por categoría e os traballos deberán dirixirse á Biblioteca Pública antes do 12 de decembro. Os debuxos gañadores serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura durante as vacacións de Nadal.
No segundo certame, dedicado á poesía poderán participar tódolos rapaces que presenten poemas orixinais sobre o tema xenérico do Nadal. Neste concurso estableceranse tres categorías: A (ata 8 anos), B (de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos). O prazo de presentación dos poemas remata o 22 de decembro e os traballos deberán ser entregados polos seus propios autores na Biblioteca de Burela. Os textos gañadores nesta fase local serán enviados para concursas na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca de Lugo.
Os interesados en participar nestes dous certames, poden recibir máis información achegándose á propia Biblioteca Pública Municipal de Burela.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



