O Padroado da Fundación TIC aprobou este xoves o presuposto para 2015, que ascende a 1.608.936 euros, un 2% máis que no exercicio anterior.Ademais, a TIC continuará xestionado o Plan de Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores no Centro de Innovación Socialgrazas a unha nova encomenda da Deputación, que entrará en vigor cando remate, no mes de marzo, a encomenda dos fondos europeos do Innova-TE 2.
O Presidente da entidade e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que “as claves dos orzamentos da TIC para oano que vén serán o ensino público de calidade, a innovación, a promoción da provincia e o labor social”.Pero tamén que “a nosa vontade política é seguir traballando polo benestar dos maiores a través das novas tecnoloxías. Por iso,a Deputación aprobará unha nova encomenda, neste caso con fondos exclusivamente provinciais,para continuar co importante labor que está a desenvolver o InLugo, avalado pola alta demanda, que duplicou ó número de inscritos”.
Emprego einnovación
Gómez Besteiro subliñou que “o emprego seguirá a ser a nosa máxima prioridade”. Dentro desta liña,a Escola de Imaxe e Son (EIS) impartirá unha formación adaptada ás demandas dun sector en continuo cambio. “Por iso, despois de introducirnos no mundo do deseño de videoxogos, en 2015 o noso reto será a Animación 3D, unha especialidade con gran proxección laboral na industria do entretemento”.Esta novidadeestará incluída no programa de formación complementaria destinada a alumnos, titulados e docentes da Escola, e impartirase durante todo o ano académico 2014-2015.
8 anos con matrícula gratuíta
A TIC tamén manterá o esforzo inversor para que a matrícula da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores da rama audiovisual, sexa gratuíta por oitavo ano consecutivo. “Esta é unha aposta que fixemos cando chegamos ao Goberno provincial en 2007, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades”, apuntou Gómez Besteiro.Por outra banda, destacou unha partida de 70.000 euros destinadaao programa de bolsas formativas en máis de 70 empresas de ámbito nacional nas que os titulados da EIS teñen a súa primeira experiencia laboral.
Lugo, destino cinematográfico
O máximo responsable provincialdestacou que “traballaremos por converter a Lugo nun destino cinematográfico, como ferramenta eficaz para crear riqueza e dar a coñecer a nosa provincia”. Neste senso, potenciarase o Lugo Film Commission co obxectivo de “traer á nosa provincia a gravación de audiovisuais e películas como Hotel Almirante, que comezará a rodarse nos vindeiros días en Lugo. Ademais, apostaremos polo turismo cinematográfico, un sector que está a ter cada vez máis adeptos”.
Dentro do eido cinematográfico, neste caso vinculado exclusivamente á formación práctica dos alumnos, anunciou a colaboración da entidade na nova película de animación do produtor Ángel de la Cruz, gañador de dous Goyas pola longametraxe Arrugas. “Os nosos alumnos terán unha oportunidade única para formarse cos mellores profesionais no ámbito da animación en España”.
Labor social: máis de 130 convenios
Outro dos eixos fundamentais da actividade da Fundación TIC será a colaboración coas organizacións sen ánimo de lucro da provincia. “Superamos xa os 130 convenios con entidades sociais, culturais e deportivas. Con esta actuacióndesempeñamos un importante labor social, xa que contribuímos a difundir os fins polos que traballan estas asociacións e axudamos a promover a súas actividades”. E, todo isto, sen esquecer a cooperación cos Concellos coa elaboración de contidos audiovisuais que promocionen os municipios da provincia tanto turística como economicamente.
Alta demanda das actividades do InLugo
A Fundación TC continuará xestionando no 2015 o Plan de Promoción da Autonomía dos Maiores da Provincia, logo do éxito desta iniciativa, avalado pola gran demanda das actividades organizadas polo InLugo: máis de 1500 inscritos e o dobre de solicitudes.
Gómez Besteiro fixo fincapé que estes datos confirman “o interese que hai por parte dos nosos maiores de achegarse ás novas tecnoloxías”. Internet ou o teléfono móbil favorecen a comunicación eas relacións interxeracionais, un factor esencial para conseguir un envellecemento saudable e para fomentar unha imaxe positiva da terceira idade. Ademais, coas actividades do Centro de Innovación Social “facilítase a actividade, o benestar psicolóxico e foméntase a creatividade e o exercicio da mente”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



