Burela, 27 de novembro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Economía e Industria, José Casas, mantiveron este xoves un encontro coa nova directiva de Acia Burela á que lle propuxeron que dean un paso adiante para constituír un Centro Comercial Aberto na localidade. O rexedor subliñou o traballo realizado pola directiva saínte e desexoulle moitos éxitos á entrante.
José Mª González Barcia explicou que “era a primeira toma de contacto coa nova xunta directiva da Acia e foi positiva. Nós imos manter a mesma colaboración que coa anterior directiva, por suposto; dixémoslles que a nosa intención é manter a subvención que este ano e no 2013 lle concedéramos á Acia, que son 18.000 euros”. E lembrou que “o local que ocupa a Acia está cedido polo Concello. Ademais dixémoslles que para calquera tipo de actividade que organicen poden contar con todos os recursos, tanto materiais como humanos, que temos no Concello”.
O rexedor dixo que “eles están empezando como xunta directiva e propuxémoslles que dean un paso adiante para estudar e valorar a posibilidade de constituír en Burela un centro comercial aberto, ao igual que se fixo en Foz e que é unha idea que nós xa manexamos nos anos 2006 e 2007 e que quedou aparcada”.
Para o equipo de goberno “Acia Burela desenvolveu ata agora unha actividade importante, polo que é de xustiza agradecerlle á directiva saínte todo o traballo que fixeron. Saben que contaron sempre coa colaboración deste equipo de goberno e puxémoslle de manifesto á nova directiva que vamos seguir nesa liña, apoiando todas as actividades da Acia, pero eles teñen que darse conta de que os recursos do Concello son limitados. Polo tanto deben entender que en certos momentos non poidamos dar máis. Cremos que a axuda que dá o Concello é importante, nunca se dera un apoio por parte do Concello de Burela tan forte ás actividades que desenvolve o comercio local para a súa promoción como se fai agora”.
O alcalde indicou que “seguiremos tendo máis reunións, exactamente igual que facíamos coa anterior directiva, e á nova xunta desexámoslle moitos éxitos. Son xente nova, pero tamén hai persoas con moita experiencia e que seguramente que van saber conxuntar perfectamente unha cousa coa outra e van ter éxitos no seu traballo”.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



